Convócase concurso público por procedemento aberto, trámite de urxencia, para a subministración dun escaner A-0 para a Escola Universitaria de Arquitectura Técnica.
O prego de cláusulas administrativas particulares para a contratación de subministracións por concurso público pódese retirar na Xerencia, Servicio de Xestión Económica, na sede do Rectorado sita en r/ Maestranza, s/n A Coruña, de luns a venres e de 9 a 14 horas.
As propostas presentaranse no rexistro xeral da universidade, r/ Maestranza, s/n de luns a venres e de 9 a 14 horas.
O prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
A apertura de plicas celebrarase o terceiro día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, ás 11 horas da mañá na sala de xuntas da Xerencia; se este día coincide en sábado realizarase o luns seguinte á mesma hora.
Orzamento de contratación: dous millóns trescentas cinco mil pesetas (2.305.000).
Garantía provisional: corenta e seis mil cen pesetas (46.100).
A Coruña, 1 de xullo de 1996.
P.D. (R. 30-3-1990)
José María Pujalte Giménez
Xerente
7774