Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 28 de outubro de 1996 Páx. 9.569

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da providencia de incoación do expediente sancionador I-252/1996 (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín dictar providencia de incoacción de expediente sancionador (I-252/1996) por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu Regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro.

Que, así mesmo, designo instructor do expediente a Manuel Francisco Gutiérrez e secretario a Santiago Camarero Merino podendo recusalos en calquer momento da tramitación do expediente, de darse algún dos supostos que determina o artigo 28 da mencionada lei.

O que se notifica, os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réximen xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente neste Servicio de Defensa Contra Incendios Forestales, sito en Cabanas-Salcedo, e para que aportare por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potes

tade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegación no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Para resolver este expediente, é competente por razón da contía da multa o delegado ou director xeral de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados neste servicio de D.C.I.F. sito en Salcedo-Cabanas (Pontevedra).

Se nos comunica nun prazo de cinco días a retirada do vehículo, o expediente será sobreseído.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993).

Pontevedra, 25 de setembro de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: I-252/1996

Denunciado: Dolores Espiña Álvarez

Último enderezo coñecido: r/ General Luis Aragón, nº 2, piso 11, Pta. 2, 41006-Sevilla.

Feito denunciado: Abandono dun vehículo no monte.

Precepto infrinxido: Art. 137 e) do Regulamento á Lei de I.F.

Precepto sancionador: Art. 139 do Regulamento á Lei de I.F.

Sanción: 50.000

7582