Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 28 de outubro de 1996 Páx. 9.568

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución dos expedientes sancionadores E.N.-6/1996 e dous máis (espacios naturais-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, a proposta de resolución por infracción á Lei 4/1989, do 27 de marzo, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.

Os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, de 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente, no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5º planta, e presentar ante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 24 de setembro de 1996.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

-Expediente-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

E.N.-6/1996Miguel Astor Varela

r/ General Mola, 9

Pontevedra

Practica-lo deporte de windsurf, no lugar denominado como Enseada do Bao, concello do Grove, o día 2 de abril de 1996.Artigo 38.2º da Lei 4/1989, dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.Artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.10.000 ptas.
E.N.-7/1996José Manuel Recaman Nores

r/ Méndez Núñez, 64-3º A

Marín

Extracción de áridos, atopándose no interior do maleteiro do coche un cubo dunhs 15 kg de area nunha zona que é un espacio natural complexo intermareal Umia-O Grove, o día 28 de abril de 1996, concello do Grove.Artigo 38.2º da Lei 4/1989, dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.Artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.25.000 ptas.
E.N.-11/1996José Yamandu Reboiras Gondar

r/ Alexandre Bóveda, 39-3º A

O Grove

Circular cun vehículo nun espacio natural complexo intermareal Umia-O Grove, o día 28 de abril de 1996, concello do Grove.Artigo 38.9º da Lei 4/1989, dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.Artigo 38 da Lei 4/1989, de conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.25.000 ptas.

7581