Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 28 de outubro de 1996 Páx. 9.570

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación de resolución dos expedientes sancionadores I-287/1995.2 e I-41/1996 (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réximen xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, do 26 de noviembre de 1992 (BOE do 27), notifícaselle, á persoa que no anexo se menciona, a resolución de dito expediente, por infracción á Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu Regulamento, do 23 de decembro.

O importe da sanción farase efectivo por transferencia bancaria ó nº de conta 120.597 do Banco Pastor, código nº 0072, da oficina principal 0401, de Pontevedra, no prazo de quince días hábiles contados a partir do seguinte día da presente publicación conforme o Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE 9-8-1993). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobro pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante, de acordo co artigo 114 da Lei de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución e no prazo dun mes poderase interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.

Pontevedra, 25 de setembro de 1996.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: I-41/1996

Denunciado: Mn Filomena Pérez Martínez

Último enderezo coñecido: r/ Fragata Blanca, 24, 36950-Moaña.

Feito denunciado: abandono dun vehículo no monte.

Precepto infrinxido: Art. 137 e) do Regulamento á Lei de I.F.

Precepto sancionador: Art. 139 do Regulamento á Lei de I.F.

Sanción 50.000

Expediente: I-287/1995.2

Denunciado: Mario Mella Rey

Último enderezo coñecido: r/ Omsia, 20-Luou, Teo-A Coruña.

Feito denunciado: Facer lume no monte en época de máximo perigo.

Precepto infrinxido: Art. 138 a) do Regulamento á Lei de I.F.

Precepto sancionador: Art. 139 do Regulamento á Lei de I.F.

Sanción 15.000

7475