Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 28 de outubro de 1996 Páx. 9.565

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 25 de outubro de 1996 pola que se dispón a publicación, para efectos de exposición pública, do documento xustificativo do Mapa Comarcal de Galicia.

O artigo 30 da Lei 7/1996, do 10 de xullo, de desenvolvemento comarcal, dispón que, aprobado incialmente o documento xustificativo do Mapa

Comarcal de Galicia, sexa publicado no Diario Oficial de Galicia e no BOP, para efectos de exposición pública para alegacións polo período dun mes.

Por acordo da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 23 de outubro de 1996 que figura como anexo á presente orde, aprobouse inicialmente o ducumento xustificativo antes mencionado, razón que obriga ó cumprimento das previsións legais e, en consecuencia, a adopta-las medidas oprotunas para a súa efectividade.

Polo exposto e para os efectos da observacia do preceptuado no expresado artigo 30 da mencionada lei, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo 1º.-De conformidade co establecido no artigo 30 da Lei 7/1996, do 10 de xullo, de desenvolvemento comarcal, para os efectos de exposición pública para alegacións, polo período dun mes, disponse a publicación no Diario Oficial de Galicia boletíns oficiais das provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra e nos dous xornais de maior difusión na Comunidade Autónoma, do documento xustificativo do Mapa Comarcal de Galicia que figura como anexo á presente orde.

Artigo 2º.-Igualmente, e para os mesmos efectos de exposición pública para alegacións, as delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública, porán a disposición dos interesados que así o requiran, para consulta nas súas dependencias e durante o horario de atención ó público, a documentación que integra o Mapa Comarcal de Galicia.

Artigo 3º.-As alegacións que, seé o caso, se coiden convenientes realizar, deberán dirixirse ó Gabinete de Planificación e Desenvolvemento Territorial, o cal procederá ó seu estudio e dictame correspondente.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

Vista a proposta que, en cumprimento do disposto no artigo 29 da Lei 7/1996, do 10 de xullo, de desenvolvemento comarcal, eleva para a súa aprobacion inicial o Gabinete de Planificación e Desenvolvemento Territorial, así como os documentos xustificativos que a ela se acompañan, esta consellería, de conformidade co establecido no mencionado precepto legal,

ACORDA:

Primeiro.-Aprobar incialmente o documento xustificativo do Mapa Comarcal de Galicia.

Segundo.-Somete-lo dito documento a exposición públcia para alegacións polo período dun mes, publicado o presente acordo no Diario Oficial de Galicia, BOP e dous xornais de maior difusión da Comunidade Autónoma de Galicia.

O devandito documento porase a disposición dos interesados nas delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, a partir da data da publicación deste acordo.

Terceiro.-Dar traslado do expresado documento ás deputacións provinciais e concellos da Comunidade Autónoma de Galicia, así como á Delegación do Goberno nela, polo mesmo período, co obxecto de que se formulen as alegacións que se coiden convenientes.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 1996.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

7560