Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 28 de outubro de 1996 Páx. 9.565

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (143/1991).

Eu, María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe e certifico que nos autos de divorcio tramitados neste xulgado co número 143/1991, se dictou auto do teor literal que segue:

En Santiago de Compostela o 2 de setembro de 1996.

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Que dictada no presente procedemento sentencia do 17 de abril de 1995 coa parte dispositiva seguinte: «Que debo decretar e decreto a disolución por divorcio do matrimonio formado por María Teresa Seoane Eiras e Antonio Lampón Santos, e aprobo como medidas reguladoras da situación patrimonial e persoal creada por esta resolución a atribución á esposa da garda e custodia , e do exercicio exclusivo da patria potestade, sobre o fillo menor do matrimonio; que o marido deberá entregarlle á esposa e ós fillos, en concepto de contribución alimenticia, a cantidade que se determine en execución de sentencia, no caso de que se inste a apertura do incidente correspondente. Non se fai imposición de custas. Unha vez firme esta resolución, expídanse os despachos oportunos para realiza-la inscrición marxinal desta no Rexistro Civil», a representación da esposa solicitou a apertura de incidente para a fixación da contribución económica do esposo, solicitando que esta fose de 50.000 ptas.

para alimentos dos fillos e de 25.000 ptas. para alimentos da demandante, instando o embargo de

bens do esposo. Emprazando en estrados o demandado ó encontrarse en rebeldía e en paradoiro descoñecido, abriuse o incidente a proba e practicáronse as dilixencias propostas e as que para mellor prover se acordaron.

Fundamentos xurídicos.

Primeiro.-Tralo incidente aberto continúase sen coñecer ningún dato fiable sobre a situación económica do demandado e das persoas para as que se solicita a pensión alimenticia, polo cal non procede fixar ningunha cantidade determinada pois non se sabe se esta pode ser asumida polo demandado ou se é coherente coa súa ignorada situación económica, polo cal se fixará unha contribución proporcional ós ingresos de que puidese dispoñer e que poidan determinarse en execución de sentencia, respectándoselle unha suma necesaria para a súa propia subsistencia. Tal contribución poderá ser modificada se en execución desta resolución se insta novo incidente por algunha das partes ou se se acredita que respecto dos fillos, xa maiores de idade e que segundo os datos achegados en fase de proba viven coa nai sen dispoñer de recursos propios, desapareceron as circunstancias que segundo o Art. 93.2º do Código Civil xustifican a fixación de contribución alimenticia no seo dun procedemento matrimonial.

Por iso acordo que o demandado deberá achegar mensualmente a cada un dos fillos do matrimonio en concepto de alimentos a décima parte da suma en que os seus ingresos excedan a suma de 50.000 ptas. cun máximo de 16.667 ptas. para cada un deles, e á demandante a quinta parte da suma en que os seus ingresos excedan a suma de 50.000 ptas. cun máximo de 25.000 ptas. Contra esta resolución caberá recurso de apelación. Dou fe.

E para que así conste e sirva de notificación ó demandado rebelde Antonio Lampón Santos, en paradoiro descoñecido, expido a presente cédula en Santiago de Compostela, 3 de setembro de 1996.

O secretario

Rubricado

7754