Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 28 de outubro de 1996 Páx. 9.564

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (321/1994).

Leonor Castro Calvo, maxistrada accidental do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, fai saber que neste xulgado se seguen autos de proceso civil de cognición co nº 321/1994, por instancia da entidade Omega de Economía Santiago, S.L., representada polo procurador Regueiro Muñoz contra outros e Academia Santos Iglesias, S.L. en situación procesual de rebeldía, se dictou a sentencia que no seu encabezamento e decisión di literalmente:

Sentencia. En Santiago de Compostela o trinta e un de xullo de mil novecentos noventa e seis. Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo de cognición nº 321/1994, sobre reclamación de cantidade, sendo parte demandante a entidade Omega de Economía Santiago, S.L., baixo a representación procesual do procurador Regueiro Muñoz e coa defensa letrada de Montserrat Vázquez Losada, aparecendo como parte demandanda a entidade Academia Santos Iglesias, en situación procesual de rebeldía, demandados igualmente Manuel Jaime Iglesias Gómez, maior de idade, baixo a defensa letrada de Emilio Sánchez Vieites, demandado igualmente Manuel Santos García, maior de idade, representado polo procurador Fernández Villaverde e defendido polo letrado Sergio Aramburu Guillén.

Decido que estimando a demanda presentada pola entidade Omega de Economía Santiago, S.A., debo condenar e condeno a entidade Academia Santos Iglesias a que lle aboe á demandante a cantidade

de 205.690 ptas. mailos xuros legais desde a data da interpelación xudicial ata o seu completo pagamento, con expresa imposición de custas á entidade condenada.

Igualmente, debo absolver e absolvo a Manuel Jaime Iglesias Gómez e a Manuel Santos García da pretensión contra eles deducida, coas custas á demandante respecto destes dous demandados.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación que se presentará neste xulgado, nun prazo de cinco días, para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en forma á entidade codemandada rebelde Academia Santos Iglesias e para publicar no taboleiro de anuncios deste xulgado e no DOG, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o nove de setembro de mil novecentos noventa e seis.

A maxistrada

Rubricado

O secretario

Rubricado

6687