Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 28 de outubro de 1996 Páx. 9.564

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (431/1995).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de separación, instada pola esposa co consentimento do marido, nº 431/1995, co encabezamento e parte dispositiva seguintes:

Sentencia: «Na cidade de Santiago de Compostela o vintecatro de abril de mil novecentos noventa e seis.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, viu os presentes autos de proceso de familia núm. 431/1995, sobre separación, instadas pola esposa Susana Ruibal Outes, representada polo procurador García Boado e defendida polo letrado Lapido Torrado, que actúa co consentimento de Juan Manuel Rey Alvarez, sendo parte o Ministerio Fiscal.

Decido que estimando a demanda interposta polo procurador García Boado en nome de Susana Ruibal Outes, que actúa co consentimento do seu esposo Juan Manuel Rey Álvarez, debo declarar e declaro a separación do matrimonio dos ditos cónxuxes. Así mesmo debo aproba-lo convenio regulador que acompaña a demanda de separación, sen facer expresa declaración en canto ás custas causadas.

Unha vez firme esta resolución, comuníqueselle de oficio ó Rexistro Civil no que conste o matrimonio dos litigantes, co fin de que se proceda á súa inscrición marxinal.

Advírtaselle ás partes que esta sentencia non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no termo de cinco días por escrito perante este xulgado.

Así por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia preinserida foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe, e para que conste e para que sirva de notificación en forma á demandada en situación procesual de rebeldía, Juan Manuel Rey Álvarez, con domicilio descoñecido, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o tres de setembro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

6737