Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 28 de outubro de 1996 Páx. 9.563

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

EDICTO (135/1996).

En virtude do acordado por providencia do día de hoxe, recaída nos autos de divorcio (5*) 135/1996, notifícaselle ó demandado Francisco Vidal Pérez a sentencia dictada neles, que no seu encabezamento e parte dispositiva é como segue:

«Vistos por Salomé Martínez Bouzas, xuíza de primeira instancia desta cidade e o seu partido, os autos de xuízo de divorcio (5*) 135/1996, promovidos por Mª Belén Pérez Muñiz como demandante, representada polo procurador Arca Soler e dirixida polo avogado Fajardo Otero, contra Francisco Vidal Pérez e o Ministerio Fiscal como demandado.

Decido que debo estimar e estimo a demanda presentada polo procurador Arca Soler en nome e repre

sentación de Belén Pérez Muñiz, e debo declarar e declaro a disolución do matrimonio formado por Mª Belén Pérez Muñiz e Francisco Vidal Pérez, mantendo as medidas acordadas con anterioridade. Todo isto sen facer unha especial condena nas custas procesuais causadas. Unha vez firme esta resolución, expídase mandamento ó Rexistro Civil onde consta inscrito o matrimonio para a súa anotación marxinal. Esta resolución non é firme, contra ela cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días para ante a audiencia provincial. Así por esta miña sentencia pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación ó demandado Francisco Vidal Pérez, declarado en rebeldía, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG, que asino en Ribeira o cinco de setembro de mil novecentos noventa e seis.

A xuíza

Rubricado

O secretario

Rubricado

6682