Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 28 de outubro de 1996 Páx. 9.563

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publican as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos para participar no concurso-oposición para o ingreso nas categorías incluídas na oferta pública de emprego para o ano 1995 do persoal laboral do complexo hospitalario Santa María Madre-Doutor Cabaleiro Goás de Ourense, convocado por Resolución do 8 de abril de 1996.

Por resolución deste centro directivo do 17 de setembro de 1996 (DOG nº 186, do 23 de setembro), decláranse con carácter provisional os aspirantes admitidos e excluídos para participar no concurso-oposición para o ingreso nas categorías incluídas na oferta pública de emprego para o ano 1995 do persoal laboral do complexo hospitalario Santa María Madre-Doutor Cabaleiro Goás de Ourense, convocado por Resolución do 8 de abril de 1996.

Rematado o prazo previsto na dita resolución para emendar, se fose o caso, o defecto que motivou a exclusión dos aspirantes, procede agora, de conformidade co disposto na base cuarta da convocatoria, dictar resolución na que se publican as listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos para cada unha das categorías convocadas, sinalando os lugares onde estas poden ser examinadas, por todo isto, esta dirección xeral,

ACORDA:

Primeiro.-Publica-las listas definitivas de aspirantes admitidos e excluídos para participar no concurso-oposición para o ingreso nas categorías incluídas na oferta pública de emprego para o ano 1995 do persoal laboral do complexo hospitalario Santa María Madre-Doutor Cabaleiro Goás de Ourense, convocado por Resolución do 8 de abril de 1996.

Segundo.-De conformidade co disposto no apartado 4 da base cuarta da convocatoria a estimación ou, se é o caso, a desestimación das peticións de emenda dos listados provisionais de admitidos e excluídos entenderanse implícitas na presente resolución.

Terceiro.-Os listados coa relación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos poderán examinarse nos seguintes lugares:

a) Na Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

b) Na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde.

c) Nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

d) Nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde.

e) No servicio de persoal do propio complexo hospitalario Santa María Madre-Doutor Cabaleiro Goás de Ourense.

Cuarto.-A presente resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos no apartado 3 da base novena da Resolución do 8 de abril de 1996.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 1996.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

6113