Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 28 de outubro de 1996 Páx. 9.563

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 21 de outubro de 1996 sobre a convocatoria de tres bolsas de colaboración en materia de biblioteconomía e documentación.

No BOPG n 536, do 21 de outubro, publícase a convocatoria de tres bolsas de colaboración coa sección de Biblioteca e Documentación do Parlamento de Galicia para a realización de traballos de carácter bibliográfico e documental.

A duración das bolsas é de seis meses, prorrogable por un prazo non superior a outros seis meses, e cunha dotación económica de 500.000 pesetas por bolsa de colaboración.

Os solicitantes que reúnan as condicións esixidas poderán presenta-la súa documentación dentro dos 20 días naturais seguintes ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De remata-lo prazo en día inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 1996.

Victorino Núñez Rodríguez

Presidente do Parlamento de Galicia

7632