Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 28 de outubro de 1996 Páx. 9.566

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 2 de outubro de 1996, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expedientes PO-02366-O-1995 e dous máis).

Pola presente cédula notifícaselles ós denunciados cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso ordinario perante o director xeral de Transportes de Pontevedra no prazo dun mes contado a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións nº 311.500.007.9 de Caixa de Galicia, oficina principal de Pontevedra.

E para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados de enderezos descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27 de novem

bro), expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra o 2 de outubro de 1996.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra

ANEXO

-Expediente

-Matrícula

-Denunciante

-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado

-Data-Hora-Estrada-p.k.

-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

PO-02366-O-95

PO-3026-AM

G.C. Tráfico

Salazar Suárez, Cristina

Infesta

Pontecesures

36649 Pontevedra

Circular transportando recortes de madeira, carecendo da tarxeta visado de transportes. Servicio privado, vehículo lixeiro.

27-11-1995; 11.16; PO-300; 12100

Art. 141 B en Relac.

142 M LOTT

Art. 158 ROTT

143 LOTT

201 ROTT

25.000

PO-00134-O-96

PO-3921-AB

G.C. Tráfico

Jiménez Romero, Cipriano

Cuenca, 70

Tui

36700 Pontevedra

Circular transportando mercadorías desde Sabarís a Marín, carecendo da tarxeta de transportes. O vehículo leva distintivos de ámbito nacional. Servicio privado, vehículo lixeiro.

15-1-1996; 16.25; A-9; 137

Art. 142 A e C

199 A e C ROTT

143 LOTT

201 ROTT

40.000

PO-01234-O-95

LE-5963-K

G.C. Tráfico

Fuentes Larralde, Jesús

Melluque, 3

24008 León

Realizar un transporte de mercadorías, plantas, carecendo da tarxeta de transportes. Servicio privado, vehículo lixeiro.

16-6-1995; 12.30; A-9; 129

Art. 141 B en Relac.

142 M LOTT

143 LOTT

201 ROTT

25.000

7472