Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Luns, 28 de outubro de 1996 Páx. 9.567

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores P-242/1995 e P-33/1996 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, as resolucións dos ditos expedientes, por infracción á Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre a pesca fluvial en Galicia.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 120.596, do Banco Pastor (0072), oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do decomisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo

de pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 24 de setembro de 1996.

José Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente: P-242/1995.

Denunciado: Ángel Luis Piñeiro Bures.

Último endrezo coñecido: Campaña, Valga.

Feito denunciado: pescar sen licencia, o día 20 de maio de 1995, no río Ulla, concello de Valga.

Precepto infrinxido: artigo 34.1º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sanción: 50.001 ptas. e inhabilitación para obte-la licencia de pesca 1 ano.

-Expediente: P-33/1996.

Denunciado: Francisco Caldelas Vidal.

Último endrezo coñecido: Herbón-Padrón.

Feito denunciado: incumpri-las normas establecidas para a pesca da lamprea ó pescar desde a pesqueira nº 5 sen ter autorización, o día 13 de febreiro de 1996, no río Ulla, concello de Padrón.

Precepto infrinxido: artigo 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Precepto sancionador: artigo 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Sanción: 20.000 ptas.

7473