Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 24 de outubro de 1996 Páx. 9.482

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 1996, da Dirección Xeral de Industria, pola que se aproba o proxecto de autorización administrativa do centro de almacenamento de GLP e emisión de aire propanado (primeira fase) e rede de distribución de gas na cidade de Ferrol.

Por orde da Consellería de Industria e Comercio do 19 de xaneiro de 1996, outorgóuselle a Gas Galicia SDG, S.A. a concesión administrativa para a prestación do servicio público de subministración de gas natural para usos domésticos, comerciais e industriais nos termos municipais de Ferrol e Fene, así como para o almacenamento, distribución

e subministración de aire propanado, nunha primeira fase, no termo municipal de Ferrol.

A empresa Gas Galicia SDG, S.A., ó amparo do establecido na Lei 10/1987, do 15 de xuño, no artigo 9 do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles e para os efectos previstos no artigo 20 deste en relación co Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, solicitou da Dirección Xeral de Industria a aprobación do proxecto de autorización administrativa do centro de almacenamento de GLP e emisión de aire propanado para a distribución de gas na cidade de Ferrol (1ª fase), proxecto de autorización das instalacións da rede de distribución de gas na cidade de Ferrol e a autorización das instalacións descritas neste que se relacionan a continuación:

a) Instalación dun conxunto de descarga e almacenamento de GLP de 114 m de capacidade, ampliable a 171 m.

b) Instalación dun conxunto de vaporización de GLP e emisión de aire propanado de 13.500 kcal/Nm de 1.000 Nm/h de capacidade, ampliable a 2.000 Nm/h.

c) Tendido das redes de polietileno de aproximación e distribución a media presión B (MPB), cara ós núcleos de consumo da primeira fase, cun diámetro de 200 mm e unha lonxitude estimada de 3.945 m.

d) Tendido das redes de polietileno de distribución a media presión B (MPB) e a media presión A (MPA-1000), de conexión a usuarios, con diámetros comprendidos entre 200 e 110 mm, segundo as necesidades de distribución, e unha lonxitude estimada de 7.925 m.

e) Instalación de 2 cámaras de regulación MPB/MPA-1000 na rúa Venezuela esquina á avenida principal do polígono de Gándara e a segunda na praza de España.

Por Resolución do 22 de abril de 1996, o delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña concedeu a autorización previa das instalaciones de referencia.

Cumpridos os trámites regulamentarios no expediente instruido para o efecto, a Dirección Xeral de Industria, en virtude do establecido na Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos; o Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles aprobado polo Decreto 2913/1973, do 26 de outubro; o Decreto 1775/1967, do 22 de xuño, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias,

RESOLVO:

Autoriza-las instalacións e aproba-lo proxecto de referencia de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-En todo momento deberá cumprirse canto establece o Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado por Decreto 2913/1973, do 26 de outubro e normas que o comprimentan, o Regulamento de redes e conexións de combustibles gasosos, aprobado por orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974 e disposicións complementarias e modificadoras; o Regulamento sobre instalacións de almacenamento de gases licuados do petróleo (GLP) en depósitos fixos para o seu consumo en instalacións receptoras, aprobado por Orde do 29 de xaneiro de 1986; a orde do 19 de xaneiro de 1996, da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, pola que se outorgou a correspondente concesión administrativa a Gas Galicia SDG, S.A. e demais normativa e directrices vixentes.

Segunda.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será dun ano contado da data desta resolución.

Terceira.-As instalacións que se autorizan realizaranse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa concesionaria, asinado polo enxeñeiro industrial Gabriel Collado Rodríguez, co orzamento de cento corenta e sete millóns, trescentas vintesete mil setecentas noventa e cinco pesetas.

Cuarta.-As características e datos básicos das instalacións que se autorizan son as seguintes:

a) Gas que se distriburá: aire propanado intercambiable co gas natural, de 13.500 kcal/Nm.

b) Presións de distribución:

-Rede primaria: media presión B, con presións máximas de distribución de 0,4 bar ef. na primeira fase e 4 bar ef. na segunda, que subministrará directamente os grandes consumidores do mercado industrial e do mercado comercial, e a rede secundaria.

-Rede secundaria: media presión A (MPA-1000), con presión máxima de distribución de 0,1 bar ef., que subministrará os pequenos consumidores.

c) Instalacións de GLP e aire propanado:

-Instalación de descarga de cisternas.

-Instalación de almacenamento.

-Instalación de vaporización.

-Instalación de producción de auga quente.

-Requentador e grupo de regulación.

-Instalación de mestura.

-Instalacións complementarias (oficina, almacén, defensa contra incendios, etc.).

d) Redes de distribución:

-O encanamento será de polietileno de media densidade, segundo norma UNE 53.333, con dimensións e espesores SDR 11 para presión máxima de

exercicio de 4 bar, e SDR 17,6 para presión máxima de exercicio de 0,1 bar.

-A rede primaria consta dunha antena que parte desde a planta de aire propanado, situada na avenida principal do polígono de Gandara xunto ó Camiño da Parda; está formada por un anel que bordea os denominados ensanches desde as vías do ferrocarril ata a avenida de Esteiro e pola avenida de Castelao chega ó polígono de Caranza. Variaranse antenas cara á praza de Canido e a praza de Juan Sebastián Elcano.

A rede secundaria, deseñada en forma de malla os ensanches, Magdalena, Esteiro e Recemil.

-Caudal: 2.000 Nm/h.

-Presións de distribución: a presión de emisión do aire propanado será de 0,4 bar ef. na rede primaria e 0,1 bar ef. na rede secundaria.

En todo caso, as redes de distribución construiranse para preve-la futura distribución con gas natural.

-Diámetros das canalizacións: 200, 160 e 110 mm.

-Lonxitude da rede: a rede MPB inicial terá unha lonxitude de 3.945 m. A rede MPA-1000 terá unha lonxitude de 7.925 m.

-Dúas estacións de regulación MPB/MPA-1000 na rúa Venezuela esquina á avenida principal do polígono de Gándara e na praza de España.

Quinta.-Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes afectadas. Previo ó levantamento do acta de posta en marcha solicitará da empresa distribuidora os ensaios e probas oportunas, así como o certificado de dirección e terminación de obra, asinado por técnico competente e visado polo colexio oficial correspondente, no que conste que a construcción e montaxe das instalacións se efectuou de acordo co proxecto correspondente, acreditando así mesmo, expresamente, o cumprimento das condicións técnicas e prescricións regulamentarias de aplicación.

Sexta.-Gas Galicia SDG, S.A. deberá inicia-la subministración de gas no prazo dun mes contado da data en que a delegación provincial formalice a acta de posta en marcha.

Sétima.-As instalacións receptoras de gas deberán cumpri-la normativa específica aplicable para a súa posta en servicio.

Ouitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencia ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros, necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Novena.-A Administración reserva para si o dereito a deixar sen efecto a presente autorización por

calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1175/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas, pola extinción da concesión da que dimana ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación desta, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 1996.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

7678