Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 24 de outubro de 1996 Páx. 9.480

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 4 de xuño de 1996 pola que se lle outorga a Gas Galicia, SDG, S.A. concesión administrativa para a prestación do servicio público de subministración de gas natural para usos domésticos, comerciais e industriais e para o almacenamento, distribución e subministración de aire propanado, nunha primeira fase, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

A empresa Gas Galicia SDG, S.A., con domicilio social en Santiago de Compostela, rúa A Rosa, 16-3º B, solicitou concesión administrativa para o servicio público de subministración de gas natural para usos domésticos, comerciais e industriais no termo municipal de Vilagarcía de Arousa, así como para o almacenamento, distribución e subministración de aire propanado, intercambiable ci gas natural.

A rede básica de distribución terá a seu orixe na rede industrial de Enagas, S.A., a través dos correspondentes puntos de entrega de gas natural. Desta rede básica partirán as redes secundarias e ramificacións precisas para atende-los diferentes puntos de consumo.

A planta de aire propanado a instalar permitirá a subministración dun gas, totalmente intercambiable co gas natural, previo á interconexión das redes de Gas Galicia SDG, S.A. coa rede industrial de Enagas, S.A.

As características principais das instalacións serán as seguintes:

A rede primaria operará a unha presión máxima de 4 bar efectivos; a rede secundaria operará en parte á presión máxima de 4 bar, e en parte á presión máxima de 0,4 bar en función, especialmente, dos consumos demandados, das características urbanísticas dos núcleos de poboación e dos condicionantes das vías públicas e edificación.

O caudal máximo a vehicular será o necesario para atender á demanda máxima prevista para os diferentes mercados do termo municipal obxecto

da concesión. Segundo os cálculos previstos, estímase en 1.000 m(n)/h de aire propanado o caudal máximo a canalizar na fase I e en 2.500 m(n)/h de gas natural o caudal máximo a canalizar na fase II.

A lonxitude aproximada das tuberías que comporán a rede será:

-Rede primaria: 3.000 m.

-Rede secundaria: 50.063 m.

Consideraranse como temperaturas límites as seguintes:

-Máxima: 55 ºC.

-Mínima: -10 ºC.

No obstante, para efectos de cálculo, tomarase como base unha temperatura de 15 ºC.

A planta de aire propanado a instalar nunha primeira fase no municipio de Vilagarcía de Arousa, terá unha capacidade de producción de 1.000 m(n)/h de aire propanado de 13,5 termias/m(n).

O orzamento total estimado ascende a cincocentos setenta e tres millóns seiscentas setenta e cinco mil cincocentas pesetas (573.675.500 ptas.).

Cumpridos os trámites regulamentarios no expediente instruído para o efecto, de conformidade co previsto no Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado polo Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, que continuará en vigor de acordo có establecido na disposición transitoria primeira da Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento continuado de actuacións en materia de combustibles gasosos, mentres non se aproben as disposicións de desenvolvemento da mesma.

Considerando que a Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia é competente para outorga-la correspondente concesión administrativa con base no ó Estatuto de autonomía de Galicia; ó Real Decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia; no Decreto 132/1982, do 4 de novembro, sobre asunción de competencias en materia de industria, enerxía e minas; no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, modificado polo Decreto 140/1991, do 2 de maio, en relación coa Lei 10/1987, de 15 do xuño e o Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, e por proposta da Dirección Xeral de Industria,

RESOLVO:

Outorgar á empresa Gas Galicia SDG, S.A. a concesión administrativa solicitada para o servicio público de gas natural para usos domésticos, comerciais e industriais no termo municipal de Vilagarcía de Arousa, así como para o almacenamento, distribución e subministración de aire propanado.

A presente concesión outorgase conforme as seguintes condicións:

Primeira.-Gas Galicia SDG, S.A. constituirá no prazo de dous meses, a contar desde o momento do otorgamento da concesión, unha fianza por valor de 11.473.510 pesetas, importe do 2% de orzamento que figura no expediente, para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o artigo 7, apartado b) da Lei 10/1987, do 15 de xuño, e o artigo 13 do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles. A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3º do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, fianza que será devolta unha vez se formalice o acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-De acordo co disposto no artigo 21 do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, dentro do prazo dun ano, contado a partir da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, Gas Galicia SDG, S.A. deberá solicitar da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, a autorización para o montaxe das instalacións, presentando o proxecto detallado delas, e debendo cumprirse, en todo caso, os prazos previstos no proxecto de concesión, podendo os ditos prazos ser prorrogados por causa xustificada, logo da correspondente solicitud acompañada da xustificación técnica ou a exposición da causa de forza maior causante da demora.

Terceira.-Nas instalacións e nas súas montaxes deberase cumpri-lo establecido no Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos, aprobado por orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974, modificada polas ordes do Ministerio de Industria e Enerxía do 26 de outubro de 1983 e do 6 de xullo de 1984.

Estas instalacións deberán preverse para responder ós avances tecnolóxicos no campo do gas e lograr abastecementos flexibles e seguros.

O cambio das características do gas subministrado ou a substitución por outro intercambiable, requerirá a autorización da Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, de acordo cp artigo 8, apartado c), do Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles.

As instalacións receptoras de gas, a partir da acometida, tanto as comúns como as individuais, deberán cumpri-las normas básicas de instalacións de gas en edificios habitados, ou no seu caso, aquelas que as modifiquen ou substitúan.

Cuarta.-O concesionario deberá manter unha correcta subministración e unha adecuada e eficiente conservación das instalacións, sendo responsable da conservación e bo funcionamento deles.

O concesionario queda suxeito a cantas prescricións se establecen no citado regulamento xeral, así como no modelo de póliza anexo a éste, e a cantas outras disposicións se dictaran ou se dicten polo Ministerio de Industria e Enerxía ou a Xunta de Galicia sobre subministración de gases combustibles e as súas instalacións.

Quinta.-A determinación das tarifas de venda de gas rexerase polas disposicións vixentes no seu momento sobre a materia.

Sexta.-A presente concesión outórgase por un prazo de setenta e cinco anos. As instalaciónes obxecto desta concesión revertirán á Comunidade Autónoma de Galicia ó transcorre-lo prazo sinalado, de acordo có artigo 7, apartado c) da Lei 10/1987, do 15 de xuño.

Sétima.-Gas Galicia SDG, S.A. poderá transferir en calqueira momento a concesión, requiríndose a autorización previa da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, e subrogándose o novo titular en toudas as obrigas e dereitos do transmitente derivados da concesión.

Oitava.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra coidará do exacto cumprimiento das condicións estipuladas por esta orde.

Os recoñecementos, ensaios e probas, de carácter xeral ou parcial, que segundo as disposicións en vigor teñan que realizarse nas instalacións obxecto da concesión deberán ser comunicadas polo concesionario á citada delegación provincial coa debida antelación.

Novena.-Nos casos de incumprimento das obrigas do concesionario que poidan afectar á continuidade e seguridade do servicio público, e co fin de garanti-lo mantemiento do servicio ós usuarios do mesmo, a Xunta de Galicia poderá acorda-la intervención da correspondente empresa concesionaria, de acordo có artigo 128 da Constitución, adoptando as medidas oportunas para mante-las subministracións.

Décima.-Serán causas de extinción da presente concesión, ademais das sinaladas no apartado e) do artigo 7 da Lei 10/1987, do 15 de xuño, as seguintes:

a) O incumprimento do apartado b, do artigo 7 da Lei 10/1987.

b) A introducción de calquera variación ou ampliación na execución dos proxectos, non autorizadas pola Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, salvando as modificacións precisas para que se cumpran as disposicións vixentes.

c) Se non se levasen a cabo as instalacións de acordo coas condicións impostas na resolución e na autorización para a montaxe das mesmas.

Sin embargo, se por evolución da técnica ou a distribución de gas, por utilización de diferentes materias primas ou por outras causas, non fose adecuado o mantemento dalgunha ou algunhas das instalacións obxecto da presente orde; Gas Galicia SDG, S.A., poderá solicitar da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia:

1. Autorización para a modificación ou substitución das instalacións, sen altera-las restantes condicións da concesión e coa mesma data de reversión que as instalacións substituídas, ou ben,

2. O otorgamento da correspondente concesión, para as novas instalacións, se pola importancia dos investimentos que as mesmas supoñan, non puidese obter unha compensación económica adecuada durante o prazo que restase para a caducidade da concesión antes mencionada, aínda que tendo en conta sempre os dereitos que a Comunidade Autónoma de Galicia poida ter.

Undécima.-A concesión outórgase sen prexuízo de terceiros e deixando a salvo os dereitos particulares.

Duodécima.-Esta concesión outórgase sen prexuízo e independentemente das autorizacións, licencia ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros, necesarios para a realización das obras das instalacións de gas.

Contra a presente orde, que é definitiva na vía administrativa, poderá interporse, se é o caso, recurso contencioso administrativo no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte á publicación dela, logo de comunicación a esta consellería, conforme o establecido no artigo 57.2º da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956 coa nova redacción dada pola disposición adicional undécima da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Santiago de Compostela, 4 de xuño de 1996.

P.D. (O. 18-5-1994, DOG nº 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio

5743