Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 24 de outubro de 1996 Páx. 9.484

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 4 de outubro de 1996, da Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, pola que se anuncia concurso público aberto polo trámite de urxencia, para adquisición de aparellos e dispositivos para equipamento dos centros dependentes desta xerencia de atención primaria.

A Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no apartado F do artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño), e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación da subministración que a seguir se cita.

Obxecto: adquisición de aparellos e dispositivos para equipamento da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, de acordo co contenido do prego de prescricións técnicas e normas complementarias, C.P. 3/96.

Orzamento: máximo autorizado de:

Nº orde 1: 688.000 ptas.

Nº orde 2: 1.000.000 de ptas.

Nº orde 3: 1.350.000 ptas.

Nº orde 4: 2.450.000 ptas.

IVA incluído.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto polo trámite de urxencia.

Prazo de execución do contrato: 1 mes.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para

o seu exame nos Servicios de Subministracions da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, praza de Ferrol nº 11, 4ª planta, 27001 Lugo. Teléfono (982) 29 62 29 e 29 62 19; fax (982) 24 24 16; tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.

Fianzas: 2 % do orzamento máximo.

Nº orde 1: 13.760 ptas.

Nº orde 2: 20.000 ptas.

Nº orde 3: 27.000 ptas.

Nº orde 4: 49.000 ptas.

Solvencia económica e financeira: acreditarase polos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracions públicas.

Solvencia técnica: deberá acreditarse polos medios previstos no artigo 18 da Lei 13/1995, de contratos de las administracions públicas.

Criterio de adxudicación: calidade: 10 puntos.

Características funcionais: 8 puntos.

Prezo: 6 puntos.

Tempo de vida útil con cobertura técnica: 6 puntos.

Garantía: 5 puntos.

Servicio técnico: prezo por km e por hora traballo, prezo de repostos e tempo de resposta: 5 puntos.

Clasificación: non se precisa.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural , contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro de prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle á Xerencia de Atención Primaria a remisión da oferta mediante fax (982) 24 24 16, ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura de proposicións: terá lugar no salón de actos desta Xerencia de Atención Primaria de Lugo a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contados desde o seguinte a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas, no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncio: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 4 de outubro de 1996.

Ascensión Yeguas Sánchez

Directora gerente de Atención Primaria de Lugo

7680