Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 24 de outubro de 1996 Páx. 9.485

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

PARLAMENTO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 1996.

En cumprimento do disposto nos artigos 11.1º e 79.1º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e conforme o modelo establecido polo Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, de desenvolvemento parcial da dita lei e publicado no Boletín Oficial del Estado nº 70, do 21 de marzo de 1996, publícase o seguinte:

Anuncio de concurso público aberto para a adquisición de tres máquinas fotocopiadoras para os servicios administrativos, rexistro e presidencia do Parlamento de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Parlamento de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Oficialía Maior.

c) Número de expediente: 4/1996.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: concurso, polo procedemento aberto, para a adquisición de tres máquinas fotocopiadoras para os servicios administrativos, rexistro e presidencia do Parlamento de Galicia.

b) Número de unidades que hai que entregar: tres.

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de entrega: nas correspondentes dependencias do Parlamento de Galicia.

e) Prazo de entrega: o sinalado nas ofertas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: tres millóns oitocentas vintesete mil cincocentas oitenta e nove pesetas (3.827.589 ptas.), IVE incluído.

5. Garantías.

Provisional: o 2% do orzamento do contrato.

Definitiva: o 4% do orzamento do contrato.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Domicilio: Rúa do Hórreo nº 63.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, C.P. 15702.

d) Teléfono: (981) 56 16 00.

e) Telefax: (981) 57 10 41.

f) Fecha límite de obtención de documentos e información: ata dous días antes da presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ós 14 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario oficial de Galicia. De resultar inhábil, entenderase prorrogado ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a referida na cláusula administrativa VII do prego de cláusulas administrativas particulares publicado no BOPG Núm. 532, do 16 de outubro de 1996.

c) Lugar de presentación: rexistro do Parlamento de Galicia.

1ª Entidade: Parlamento de Galicia.

2ª Domicilio: Rúa do Hórreo nº 63.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, C.P. 15702.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres meses.

e) Admisión de variantes: non se establecen.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Parlamento de Galicia.

b) Domicilio: Rúa do Hórreo nº 63.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: ó cuarto día hábil seguinte á data de remate de presentanción de ofertas.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 1996.

Victorino Núñez Rodríguez

Presidente

9607675