A Dirección-Xerencia do Complexo Hospitalario Provincial de Pontevedra-Rebullón, en virtude das
atribucións que lle foron delegadas de acordo co establecido no artigo 7 da orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 22 de maio de 1996 (DOG nº 111, do 6 de xuño), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Sergas, convoca a seguinte concurso público, polo trámite de urxencia:
-Obxecto e orzamento.
Contratación de: subministración de paneis e batería de quirófano.
Orzamento: 4.850.000 ptas. (catro millóns oitocentas cincuenta mil ptas.).
-Prazo de execución.
Antes de 30 días, a partir da comunicación da adxudicación.
-Forma de adxudicación.
Procedemento aberto por medio de concurso público nº 13/1996, tramitado con carácter urxente.
-Admisión de variantes.
Non se admiten variantes.
-Solvencia económica e financeira.
Acreditarase mediante a presentación dunha declaración relativa á cifra de negocios globais, así como das subministracións realizadas pola empresa no curso dos tres últimos exercicios.
-Solvencia técnica.
Acreditarase por medios de mostras, descricións e fotografías dos productos que se van subministrar.
-Fianza provisional.
2% do orzamento total.
-Criterios de adxudicación.
Nº de ordeCriterio de adxudicaciónPonderación
1Prezo ofertado 5 puntos
2 Calidade dos materiais3 puntos
3Prazo de entrega 2 puntos
-Documentación de interese para os licitadores.
Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poden ser solicitados no departamento de aprovisionamento do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón, r/ Loureiro Crespo nº 1, das 9 ás 14 horas, de luns a venres. (Tlno. (986) 86 23 63 e fax (986) 84 79 41).
-Presentación de proposicións.
Deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.
Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (986) 84 79 41 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.
-Apertura de proposicións.
Terá lugar nun acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón ás 10 horas do décimo primeiro día natural contados desde o seguinte día a aquel en que remate o prazo de presentacion de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo a apertura das proposicións terá lugar no día hábil seguinte.
-Documentación que deberán achega-los licitadores.
Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
-Anuncios.
O pagamento dos anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.
Pontevedra, 7 de outubro de 1996.
Alfredo García Iglesias
Director xerente do Complexo Hospitalario Provincial-Rebullón
9607676