Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 24 de outubro de 1996 Páx. 9.479

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (35/1996).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario Acctal. do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en procedementos civís consta a recaída nos autos de xuízo de cognición número 35/1996, con encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o quince de xullo de mil novecentos noventa e seis.

Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido, viu os presentes autos de cognición sobre negatoria de servidume seguidos neste xulgado baixo o número 35/1996, por instancia de Celso Mallou Otero, representado polo procurador Regueiro Muñoz, asistido polo letrado Paz Sueiro, contra Jesús Regueiro Fernández, Marina Campos Ferreira, José María Rey Castro, María Fuentes Mosquera, conformes estes no procedemento, contra herdeiros de Higinio Rozas Suárez, declarados en situación de rebeldía procesual e contra Purificación Agra Amboage asistida da letrada Trasar López, quen reconveu contra a parte demandante.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta polo procurador Regueiro Muñoz en nome e representación de Celso Mallou Otero contra Jesús Regueiro Fernández, Marina Campos Ferreira, José María Rey Castro, María Fuentes Mosquera, que se conformaron con ela e contra os herdeiros descoñecidos e incertos de Higinio Rozas Suárez e calquera outra persoa decoñecida e incerta que puidese ter interese no que é obxecto deste xuízo, declarados en rebeldía procesual, e contra Purificación Agra Amboage, declarando que o predio descrito no feito primeiro da demanda non está gravado coa servidume de luces e vistas a favor das vivendas a que se centra o súplico da demanda e en consecuencia

deberán os demandados eleva-los cerramentos das súas respectivas terrazas á altura que impida as vistas rectas sobre o predio do demandante e que, se é o caso, se determinará en execución de sentencia.

As custas procesuais impóñense exclusivamente á demandada que se opuxo á demanda, Purificación Agra Amboage.

E debo desestimar e desestimo integramente a reconvención efectuada por Purificación Agra Amboage contra o demandante, con imposición das custas procesuais.

Advírtaselles ás partes que esta sentencia non é firme e contra ela cabe recurso de apelación no termo de cinco días, que se interporá por escrito, ante este xulgado e para ante a Audiencia Provincial.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia preinserta foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e para que sirva de notificación en forma á demandada en situación procesual de rebeldía, herdeiros descoñecidos e incertos de Higinio Rozas Suárez e calquera outra persoa descoñecida e incerta que puidese ter interese no que é obxecto deste xuízo, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela a seis de setembro de mil novecentos noventa e seis.

Rubricado

9607613