Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 24 de outubro de 1996 Páx. 9.478

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (31/1996-01).

Ana María Brun Puyraimond, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo de faltas arriba indicado, seguido pola presunta falta de danos, no que foron parte como denunciantes os axentes da policía local con número de carné profesional 100 e 57, como prexudicado Agustín Francisco Carro Otero e como denunciados Jesús González de la Basta e Rocío Ramos Morrigón, dictouse a sentencia coa seguinte decisión:

Que debo absolver e absolvo a Jesús González de la Basta e Rocío Ramos Morrigón da presunta falta a que se refire o presente procedemento, declarando de oficio as custas.

Así por esta miña sentencia, que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación ante este xul

gado para ante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a última notificación, e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación á denunciada Rocío Ramos Morrigón, en paradoiro ignorado, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o trinta de xullo de mil novecentos noventa e seis.

A secretaria

Rubricado

9606707