Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 24 de outubro de 1996 Páx. 9.478

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, relativos á solicitude de revisión de puntuacións dos exercicios da fase de oposición.

Convocado concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde por resolucións da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 18 de maio de 1995 (DOG nº 99, do 25 de maio) e do 19 de xuño de 1995 (DOG nº 122, do 27 de xuño), de conformidade co segundo parágrafo do apartado 1 da base quinta das respectivas convocatorias, correspóndelles ós tribunais as funcións relativas á determinación concreta do contido das probas e á cualificación dos aspirantes, tanto na fase de oposición como na de concurso, así como, en xeral, a adopción de cantas

medidas sexan precisas no relativo ó desenvolvemento concreto das probas selectivas.

Recibidas polos distintos tribunais peticións dalgúns aspirantes para verificación da puntuación que se lles outorgou, ou mesmo para revisión do seu exercicio, feitas as oportunas comprobacións, segundo unha nova lectura de corrección das respostas, procede agora darlle publicidade no DOG, ademais de nos lugares previstos na convocatoria para a publicación das puntuacións dos distintos exercicios da fase de oposición, de conformidade co disposto no artigo 59.5º b) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, facultándose para iso expresamente a esta dirección xeral, polo que,

RESOLVE:

Primeiro.-Desestimar tódalas reclamacións para revisión do exame, e polo tanto ratifica-la puntuación outorgada a cada aspirante polos respectivos tribunais, no segundo exercicio da fase de oposición das categorías do grupo de xestión da función administrativa, traballador social, ATS/DUE, fisioterapeuta, TEL, TER, TEAP.

Segundo.-A presente resolución poderá ser impugnada polos interesados nos termos previstos na base décima das citadas convocatorias.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 1996.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

6608