Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 24 de outubro de 1996 Páx. 9.479

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (102/1996).

En virtude do acordado pola maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, Rosa del Carmen Collazo Lugo, nos autos de xuízo de faltas número 102/1996, sobre agresión, cítase a José Manuel López González, en calidade de denunciante-denunciado, e actualmente en paradoiro descoñecido, para que o vindeiro día 30 de outubro de 1996, ás 11 horas, compareza na sala de audiencias número 3, correspondente a este xulgado, sita na primeira planta do edificio dos xulgados de Santiago de Compostela, rúa Viena número 1, As Fontiñas, Santiago de Compostela, co fin de asistir á vista do xuízo de faltas, facéndolle saber que pode acudir asistido de avogado, e advertíndoo de que comparecerá cos medios de proba de que intente valerse, e que se non o verifica, recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 1996.

O secretario

Rubricado

7679