Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 24 de outubro de 1996 Páx. 9.457

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Unión Cristalera, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Unión Cristalera, S.A., que tivo entrada

nesta delegación provincial o día 9-7-1996, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social, polo delegado de persoal o día 2-7-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e o Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de xullo de 1996.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo de Unión Cristalera, S.A.

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Obxecto.

O presente convenio ten por obxecto rexe-las condicións de traballo entre a empresa Unión Cristalera, S.A. e o persoal incluído no seu ámbito, conforme o disposto no artigo seguinte.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio afecta a tódolos traballadores que presten servicio en Unión Cristalera, S.A.

Queda excluído do ámbito de aplicación do convenio o persoal que, no organigrama da empresa, figura dentro da «área directiva», salvo que expresamente solicite a súa inclusión no convenio.

O comité de empresa terá coñecemento do persoal excluído do convenio.

Artigo 3º.-Ámbito territorial.

As normas deste convenio serán de aplicación nos centros de traballo da Coruña.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

O presente convenio terá unha duración de 3 anos, comezando a súa vixencia, para tódolos efectos, o día 1 de xaneiro de 1996 e finalizando o 31 de decembro de 1998.

O 1 de xaneiro de 1999 considérase expresamente denunciado o presente convenio, aínda cando non houbese comunicación escrita entre as partes, e a partir de entón comezarán as deliberacións dun novo convenio. Igualmente, entenderase prorrogado o presente convenio en canto non se aprobe un novo acordo.

Artigo 5º.-Garantía persoal.

Cando algún traballador tivese recoñecidas condicións tales que, examinadas no seu conxunto, resultasen superiores ás que se establecen neste convenio para o persoal da mesma categoría, respectaránselle as ditas condicións con carácter estrictamente persoal.

A dirección poderá conceder, a título individual, melloras nas retribucións pactadas, logo de comunicación escrita ós representantes dos traballadores.

Artigo 6º.-Absorción e compensación.

No suposto de que, durante o prazo de vixencia deste convenio, se acordasen por disposición legal condicións que, total ou parcialmente, afectasen as contidas nel, aplicaranse, en canto a absorción e compensación, as normas de carácter xeral actualmente vixentes ou as que se dicten no sucesivo, efectuándose, en calquera caso, o cómputo global anual para determina-las absorcións e compensacións que procedan.

Artigo 7º.-Vinculación á totalidade.

Ámbalas partes conveñen expresamente en que as normas fixadas no presente convenio serán aplicables mentres teñan vixencia todas e cada unha delas, sen prexuízo do establecido en canto á revisión das condicións económicas.

Se algunha ou algunhas das normas pactadas fosen alteradas por disposicións legais, considerarase causa de revisión a menos que as partes, de común acordo, renuncien expresamente á dita revisión.

Non se considerará alteración para os efectos do establecido no parágrafo precedente o establecemento de novos salarios mínimos legais, na aplicación dos cales se observará o que dispoña a norma legal correspondente en canto ós mecanismos de absorción e compensación, ou o xa sinalado no artigo 6º do convenio, se non houbese disposición específica.

Artigo 8º.-Diferencias de interpretación.

Se entre as partes se suscitasen diferencias na interpretación e aplicación deste convenio, será a comisión paritaria, designada en protocolo anexo a el, a encargada de resolve-los desacordos existentes en reunións convocadas para tal fin por calquera das partes, con independencia do dereito de cada unha das partes de acudir ós organismos ofi

ciais ou tribunais competentes, se o consideran necesario.

Capítulo II

Contratación e organización

Artigo 9º.-Vacantes en postos de traballo.

Cando se produza a vacante nun posto de traballo, terán preferencia para ocupala os traballadores do cadro de persoal da empresa, sempre que cumpran os requisitos de validez para o citado posto, para o cal os candidatos se someterán ó exame de suficiencia necesario.

Se non fose posible a ocupación da vacante por este sistema, terán preferencia os fillos dos traballadores da empresa, os cales figurarán na oficina de emprego.

A dirección, en calquera dos casos, admitirá observadores nomeados polos representantes dos traballadores nos tribunais examinadores e cualificadores.

Exceptúase desta norma xeral a contratación de persoal cualificado para postos de responsabilidade e confianza da empresa, que será de facultade exclusiva da dirección.

Artigo 10º.-Períodos de proba do novo persoal contratado e dereitos.

O período de proba para o persoal de novo ingreso axustarase ós seguintes valores máximos:

a) Técnicos titulados: 6 meses.

b) Traballadores cualificados: 3 meses.

c) Traballadores non cualificados: 15 días laborables.

Unha vez finalizado o período de proba coa conformidade de ámbalas partes, o traballador será dado de alta como fixo na empresa e recoñeceráselle automaticamente a categoría que corresponda ó posto de traballo que ocupe, computándolle o período de proba para efectos de antigüidade.

Artigo 11º.-Organización do traballo.

Os representantes dos traballadores recoñecen que, no contexto económico vixente hoxe en España, é facultade exclusiva da empresa a organización do traballo. Os traballadores serán informados a través dos seus representantes.

Artigo 12º.-Organigrama.

O organigrama reflectirá as relacións xerárquicas e funcionais en cada centro de traballo e deberá estar permanentemente exposto en lugar preferente e rectificado convenientemente cando haxa algunha alteración na escala de mando.

Artigo 13º.-Traslados.

En caso de traslado dun traballador a outro centro de traballo que supoña cambio de residencia, pre

cisarase a previa negociación e voluntaria aceptación do traballador afectado, baixo a supervisión dos representantes dos traballadores, se así o solicita o interesado.

Artigo 14º.-Garantía do posto de traballo.

A categoría que teña recoñecida un traballador non poderá ser rebaixada, a pesar de que transitoriamente ocupe un posto de inferior categoría.

Artigo 15º.-Traballos de categoría superior.

Nos casos de perentoria necesidade e por prazo que non exceda de 3 meses, o persoal incluido no ámbito deste convenio poderá ser destinado a ocupar un posto de cualificación superior, percibindo, mentres se encontre nesta situación, a remuneración correspondente á función que desempeña efectivamente. Este cambio será comunicado ó traballador por escrito.

Desaparecidas as causas que motivaron a necesidade, o traballador volverá ó seu posto de orixe coa retribución asignada a el e sen dereito a consolida-la categoría do posto que ocupou transitoriamente, facéndoo constar no seu expediente persoal.

Se o prazo de ocupación do posto de superior categoría excedese de 3 meses de forma ininterrompida, de 6 meses de forma alterna durante un ano, ou de 12 tamén de forma alterna durante 3 anos, adquirirase automaticamente a categoría do posto superior desempeñado.

O disposto neste artigo non será de aplicación nos casos de substitución por incapacidade laboral transitoria, permisos ou vacacións. Nestes últimos supostos, a substitución comprenderá todo o tempo que duren as circunstancias que a motivasen, sen que outorgue dereito á consolidación do posto, pero si á percepción da diferencia económica e a que isto conste no expediente persoal.

Exceptúanse de todo o anteriormente disposto os traballos de categoría superior que o traballador realice de acordo coa empresa co fin de se preparar para a súa promoción ou ascenso. Igualmente, exceptúanse os casos de substitución por servicio militar e excedencia forzosa, pero, nestes casos, adquirirase prioridade absoluta para cubri-la primeira vacante da categoría en que se exerceu a substitución.

Artigo 16º.-Traballos de categoría inferior.

A empresa, por necesidades perentorias, transitorias ou imprevisibles poderá destinar un traballador a realizar misión de cualificación inferior á que teña recoñecida e este non se poderá negar

a efectua-lo traballo encomendado, sempre que isto non prexudique notoriamente a súa formación profesional e non haxa outra persoa de categoría correspondente ó traballo que haxa que realizar. O traballador seguirá percibindo o salario e demais emolumentos que, pola súa cualificación e función anterior, lle corresponda, de conformidade co disposto no artigo 15º.

Artigo 17º.-Readmisión de despedidos.

A empresa comprométese a readmitir, con tódolos seus dereitos, os traballadores sobre os que recaia sentencia de despedimento improcedente ou nulo, salvo que existan razóns suficientes a xuízo da dirección e dos representantes dos traballadores.

Informarase os representantes dos traballadores das sancións que se lle poidan impor ó persoal incluído no presente convenio.

Artigo 18º.-Censo do persoal.

A empresa confeccionará anualmente o censo completo dos traballadores de Unión Cristalera, S.A. coas súas categorías e data de cálculo de antigüidade antes do 30 de marzo de cada ano.

Artigo 19º.-Documentación ó dispor dos traballadores.

A empresa terá ó dispor dos representantes dos traballadores tódolos documentos de exhibición obrigatoria na oficina de persoal. Cada traballador poderá unicamente ter acceso á información que lle afecte persoalmente.

Artigo 20º.-Recoñecementos médicos.

A empresa continuará os recoñecementos médicos anuais realizados no pasado ano a todo o persoal, en canto se manteñan as circunstancias que permitiron a súa realización. Se cambiasen estas, efectuaranse as xestións necesarias para procurar estes recoñecementos por outros medios.

Capítulo III

Condicións de traballo

Artigo 21º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo para tódolos traballadores incluídos no presente convenio será de 1.792 horas anuais, distribuídas de acordo co especificado nos cadros horarios de traballo aprobados pola Consellería de Traballo.

O citado total obtívose deducindo do total anual de horas o período de vacacións e os días de festas nacionais e locais establecidos legalmente.

Os axentes de vendas, durante a xornada de verán, adaptarán o seu horario ás necesidades da súa xestión comercial.

A xornada intensiva comprenderá desde mediados do mes de xuño a mediados do mes de setembro.

Para todo o persoal de tendas, establécese unha xornada de 39 horas semanais en xornada partida e de luns a sábado.

Artigo 22º.-Entrada e saída do traballo.

Enténdese que aqueles traballadores que deben desempeña-lo seu labor en obras ou en locais exteriores á factoría dentro da localidade, comezarán e finalizarán a súa xornada precisamente neses lugares e non na propia factoría, excepto o luns á entrada e o venres á saída.

Para as obras de fóra da localidade procederase de acordo coa lexislación vixente.

Artigo 23º.-Festas.

Celebraranse as festas de carácter nacional que figuren no calendario anual de festas non laborables, aprobado cada ano polo Ministerio de Traballo. Igualmente, serán non laborables ata dous días anuais, que en cada concello fixará a autoridade competente como festas locais.

Todas elas terán carácter de retribuídas e non recuperables.

Artigo 24º.-Vacacións non regulamentarias.

1. O período de vacacións anuais para todo o persoal afectado por este convenio será de 23 días laborais.

A consideración de día laborable virá determinada polo calendario que para cada modalidade de horario se establecese previamente, calquera que sexa o número de horas ó día que o integren.

Para o persoal de tendas poderá ser de 32 días naturais, opcionalmete, dado que traballan os sábados.

O desfrute das vacacións será obrigatorio e por ningún motivo serán retribuídas. Os comités e delegados de persoal, se é o caso, velarán para que se cumpra taxativamente este apartado.

Non se poderán acumular vacacións dun ano para outro.

O persoal de novo ingreso desfrutará, antes do 31 de decembro do ano do seu ingreso, a parte proporcional que lle corresponda polos meses comprendidos entre a data do seu ingreso e o 31 de decembro, computándose a fracción como mes completo.

En caso de cesar antes de desfruta-lo período de vacacións, aboarase a parte proporcional dos non desfrutados.

De igual modo, se o cesamento se producise despois de desfruta-las vacacións, reterase da liquidación o importe dos días desfrutados non devengados.

2. Períodos de desfrute de vacacións e bonificacións:

Considérase como período normal para o desfrute das vacacións o comprendido entre os meses de xuño e setembro, ambos incluídos.

Co obxecto de estimula-lo desfrute voluntario de vacacións fóra da época estival e desconxestionar así o previsible interese masivo por desfrutalas no considerado «período normal», establécense as seguintes bonificacións:

-Persoal que desfrute as súas vacacións nos meses de maio e outubro: 1 día laborable de bonificación.

-Persoal que desfrute as súas vacacións nos meses de xaneiro, febreiro, marzo, abril, novembro e decembro: 2 días laborables de bonificación.

Para ter dereito ás bonificacións establecidas no apartado anterior, será condición indispensable que as vacacións se desfruten de maneira continuada dentro dos períodos bonificables, ou que se desfruten neles máis de 20 días naturais ininterrompidamente.

3. En cada centro de traballo, unha comisión formada por representantes da empresa e do comité de empresa ou delegado de persoal someterá á dirección un plan anual de desfrute de vacacións para a súa aprobación ou modificación, se procede. Unha comisión programará e distribuirá as vacacións anuais de todo o persoal. A comisión reunirase coa anticipación necesaria, por convocatoria de calquera das partes.

En caso de non haber acordo entre os traballadores en canto ó momento de desfrute de vacacións, será aplicable o sistema de quendas rotativas.

Artigo 25º.-Incapacidade laboral transitoria coincidente con vacacións.

Se se dese a incapacidade laboral transitoria encontrándose o traballador desfrutando de vacacións, interromperanse estas o tempo que dure a dita incapacidade e continuará o desfrute de vacacións a partir da data de alta.

Artigo 26º.-Licencias.

De acordo co establecido no Estatuto dos traballadores, artigo 37.3º, o traballador, logo de aviso e xustificación, poderase ausentar do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) 16 días naturais en caso de matrimonio.

b) 3 días en caso de nacemento de fillo. Esta licencia será sempre de días laborables. Inclúense o parto de compañeira ou traballadora solteira, sempre que o fillo sexa recoñecido legalmente.

c) 3 días por enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

Cando, con tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de 5 días.

d) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

e) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal, nos termos establecidos legalmente.

f) Por falecemento de parentes de 3º e 4º grao a empresa concederá permiso polo tempo imprescindible para acudir ó sepelio, sempre e cando este sexa na cidade onde reside o traballador.

A empresa concederá tamén permiso remunerado polo tempo estrictamente necesario para acudir a consulta médica, sempre que se achegue a debida xustificación.

Capítulo IV

Estructura da remuneración

Artigo 27º.-Grupos e categorías profesionais.

A clasificación do persoal afectado polo presente convenio establece os seguintes grupos e categorías profesionais:

EmpregadosObreiros

Xefe 1ª-G. social-PeritoCapataz-Contramestre

Xefe 2ª-Delineante superiorOficial de 1ª

Oficial de 1ª-Delineante 1ªOficial de 2ª

Delineante de 2ªOficial de 3ª

Oficial de 2ªPeón especialista

Auxiliar administrativoPeón ordinario

Traballadores menoresTraballadores menores

de 18 anosde 18 anos

Artigo 28º.-Conceptos salariais.

A remuneración do persoal incluído no presente convenio estará integrada polos conceptos de:

-Salario base.

-Antigüidade.

Complementos legais.

O detalle destes conceptos, a excepción da antigüidade, recóllese nos anexos I e II, que inclúen as táboas de remuneracións mínimas.

Artigo 29º.-Antigüidade.

A contía desta retribución determinarase do seguinte xeito:

-2 bienios do 5% cada un.

-Quinquenios sen limitación do 10% cada un, sempre que non superen o legalmente establecido.

Fíxase como base de cálculo para tódalas categorías, a cifra de 53.690 ptas. mensuais.

A citada base de cálculo da antigüidade establécese para a vixencia do presente convenio e poderase reconsiderar a partir do próximo ano.

Artigo 30º.-Gratificacións regulamentarias.

As gratificacións regulamentarias de xullo e decembro aboaranse a razón das cantidades que, para cada categoría profesional, se sinalan nos anexos I e II, incrementados coa antigüidade correspondente a cada traballador.

Para os efectos do devengo destas gratificacións, o ano enténdese dividido en dous semestres naturais. Ó primeiro correspóndelle a gratificación de xullo e ó segundo a de decembro. Os traballadores que causen alta ou baixa durante o ano percibirán a parte proporcional correspondente ó tempo efectivamente traballado durante o semestre que se considere.

Artigo 31º.-Participación en beneficios.

O importe que se percibirá por estes conceptos é o recollido nos anexos I e II, engadíndose o 6% do importe da retribución de antigüidade correspondente a 12 meses.

Esta retribución percibirase o 31 de marzo de cada ano como máximo, e afectará a tódolos traballadores que teñan como mínimo un ano de antigüidade o 31 de decembro último.

Artigo 32º.-Recibo individual xustificativo do pagamento de salarios.

Baixo a denominación de salario convenio inclúense os conceptos de salario base e complementos correspondentes ós días ou horas efectivamente traballados, de acordo co artigo 10 da Lei do 29-11-1973, que desenvolve o Decreto 17-8-1973 sobre ordenación do salario.

Artigo 33º.-Cota sindical.

A empresa descontará da nómina mensual, a requirimento dos traballadores interesados, o importe da cota sindical correspondente, sen ter en conta mínimos de afiliación de ningún tipo.

Para tal efecto, o traballador remitiralle á dirección da empresa un escrito que exprese a orde de desconto, o sindicato a que pertence e a contía da cota. A empresa efectuará as citadas deduccións, salvo indicación en contrario.

Artigo 34º.-Horas extraordinarias.

Acórdase un valor único para todo o persoal afectado por este convenio de 1.253 ptas. brutas por cada hora extraordinaria realizada.

Tales valores, no suposto de seren inferiores a aqueles que lle correspondesen, segundo categorías, ós traballadores que as efectúen, están compensados por incluírse nos salarios globais anuais do persoal unha parte do que se pagase por horas extraordinarias ó prezo legal.

Artigo 35º.-Productividade.

As dúas partes, social e económica, deste convenio recoñecen que deben chegar a mellorarse os rendementos de modo que, cunha normal productividade, se obteña unha maior rendibilidade que permitirá atende-las xustas reivindicacións dos traballadores.

Ó mesmo tempo, a empresa asume o compromiso de perfecciona-lo marco organizativo, adecuándoo a esa esixencia de productividade e esixindo o seu cumprimento por todos e en tódolos niveis de responsabilidade.

Artigo 36º.-Axudas de custo.

O importe das axudas de custo para todo o persoal da empresa será o seguinte:

Media axuda de custos: 1.269 ptas.

Axuda de custos enteira: 3.748 ptas.

Para os viaxantes, considerando que poden ter algún gasto suplementario, acórdase fixa-los seguintes criterios:

Media axuda de custos: 1.587 ptas.

Axuda de custos enteira: 4.197 ptas.

En caso de que se xustifique que a axuda de custos foi insuficiente, aboaranse os gastos reais producidos.

Artigo 37º.-Complemento de calidade e cantidade.

O complemento de calidade e cantidade (C.C.C.) rexerase polas seguintes normas:

1. Fíxase para 1996 un obxectivo para cada sucursal que lle foi asignado en función do orzamento anual para o dito ano.

2. Enténdese como obxectivo do ano 1996 o importe das vendas a clientes.

3. O 31 de marzo, 30 de xuño, 30 de setembro e 31 de decembro de cada un dos anos, obterase o cociente de dividi-las vendas a clientes entre o obxectivo trimestral establecido.

En función do dito cociente, redondeado por exceso ou defecto, percibiranse trimestralmente as seguintes cantidades:

CocientePtas./Traball./Trim.

1,00 5.820
1,01 6.466
1,02 7.110
1,03 7.805
1,04 8.556
1,05 9.409
1,0610.266
1,0711.228
1,0812.307
1,0914.202
Tope1,1015.305

4. O C.C.C. devengarase por día efectivamente traballado. Considérase para estes efectos como días de traballo as vacacións, licencias previstas no artigo 26 e accidente laboral.

Capítulo V

Artigo 38º.-Indemnización voluntaria de accidente e enfermidade.

Cando algún traballador sexa dado de baixa por motivo de accidente laboral, concederáselle un complemento que, sumado á indemnización legal de accidente que percibe da mutua correspondente, lle garanta ó traballador accidentado a percepción do 100% da suma do salario convenio máis o complemento de antigüidade, a partir do primeiro día de baixa. A dita garantía de percepción íntegra estenderase ás gratificacións regulamentarias e á participación en beneficios.

O comité de seguridade e hixiene ou delegado de seguridade, se é o caso, disporá que non se conceda ese complemento se considerase que o accidente é consecuencia do incumprimento das normas de seguridade existentes. Neste caso, o importe que lle correspondese ó accidentado pasará a formar un fondo con destino a fins sociais.

A empresa concederá un complemento que, sumado á indemnización legal por enfermidade aboada pola Seguridade Social, lle garanta ó traballador enfermo a percepción do 100% da suma do salario convenio máis o complemento de antigüidade, nos casos de internamento nos centros hospitalarios e mentres dure este, logo de xustificación do dito internamento, así como o tempo mínimo de recuperación que, como consecuencia do internamento, certifique o médico especialista correspondente e soamente durante este tempo mínimo.

No suposto de que un traballador sexa dado de baixa polo médico da Seguridade Social, como consecuencia de enfermidade común ou accidente non laboral, a empresa aboaralle un complemento tal que, sumado

ás prestacións que para estas continxencias aboa a Seguridade Social, lle garanta ó traballador a percepción do 90% da súa retribución do salario base e antigüidade a partir do décimo sexto día consecutivo da baixa, ratificada polo médico de empresa, durante 12 meses, prorrogable por outros seis meses, que é o tempo durante o cal a Seguridade Social concede as prestacións económicas por incapacidade laboral transitoria.

Artigo 39º.-Axuda de estudios.

Acórdase establece-la cantidade de 231.084 ptas. brutas anuais durante a vixencia deste convenio, que se destinará a axuda de estudios dos fillos do persoal desta empresa. Do importe da axuda de estudios deducirase o IRPF que corresponda en cada caso.

O reparto desta axuda farase conforme as normas que se xuntan como anexo IV ó presente convenio.

Artigo 40º.-Formación profesional e plans de estudio.

Ámbalas representacións están convencidas da importancia crecente da formación e o perfeccionamento profesional de todo o persoal da empresa e, nun desexo conxunto de as impulsar, comprométense a cumpri-las seguintes condicións:

a) A empresa continuará as accións de formación procurando que alcancen a tódolos traballadores ou que tódolos traballadores teñan oportunidade de realizalas.

b) Producida a vacante dun posto superior, considerarase mérito preferente para a promoción o feito de ter realizado con aproveitamento cursos de formación ou perfeccionamento relacionados co posto que se vaia ocupar ou, no seu defecto, de índole xeral.

c) Para contribuír ó propio perfeccionamento, o persoal que asista a cursos fóra das súas horas de traballo promovidos pola empresa aportará o 50% deste tempo, percibindo o outro 50% coa retribución correspondente a horas extraordinarias.

d) Caso de que voluntariamente así o desexe o interesado, a asistencia a estes cursos de perfeccionamento ou formación terá carácter preferente sobre outros traballos extraordinarios para os que fose requirido polos seus superiores xerárquicos, comprometéndose a empresa a facilita-la asistencia ós cursos no que a ela concirne.

e) O persoal acepta o compromiso de colaborar coa empresa en tódalas accións de formación que tendan ó perfeccionamento, promoción e reconversión profesional.

f) A concorrencia a estes cursos será totalmente voluntaria, pero unha vez que se acepte o compromiso, para efectos de programar adecuadamente o seu desenvolvemento, procurarase responsablemente asistir en toda a súa duración, salvo causas de forza maior.

g) Os representantes dos traballadores coñecerán previamente os plans de estudio e poderán propoñe-la incorporación ou o rexeitamento dos temas ou aspectos que xulguen oportuno. Tamén os propios asistentes ós cursos exercitarán este dereito, durante o desenvolvemento dos cursos, a través dos seus representantes. Tales propostas serán estudiadas pola dirección e contestadas no máis breve prazo posible, razoando en todo caso a decisión que se adopte, sen que iso supoña que as propostas sexan vinculantes para a empresa.

Artigo 41º.-Seguro de vida e invalidez.

Establécese un seguro de vida e invalidez, conforme as normas detalladas no anexo V.

Artigo 42º.-Xubilación.

Institúese un premio de xubilación, que o traballador percibirá dunha soa vez no momento de producirse esta, consistente no importe dunha mensualidade de salario convenio máis antigüidade, para aqueles traballadores con máis de 10 anos de antigüidade, e dúas mensualidades de salario convenio máis antigüidade, para os que, no momento da xubilación, tiveren máis de 20 anos de antigüidade.

Artigo 43º.-Comisión negociadora.

De conformidade co legalmente establecido sinálase que o presente convenio colectivo foi negociado polas partes que a continuación se detallan:

-Representación da dirección:

Manuel Jérez López.

Manuel Peña Madueño.

Jesús Morales Gonzalvo.

-Representación dos traballadores:

Jorge Suárez Monelos.

Jorge Manteiga Soto.

Artigo 44º.-Disposición derradeira.

A comisión deliberadora fai constar expresamente que o conxunto das normas contidas neste convenio substitúe integramente aquelas polas que se viña rexendo, en tódolos seus aspectos, a relación laboral do persoal a quen afecta.

Calquera aspecto non recollido por este convenio quedará sometido ó que estableza a lexislación vixente en cada momento.

ANEXO I

TÁBOAS DE REMUNERACIÓN MÍNIMAS (SEN ANTIGÜIDADE)

Persoal empregado

CategoríasSalario mesSalario

12 meses

Gratif.

Regulament.

2 meses

Particip. en

beneficios

Total anual

Xefe de 1ª, perito industrial157.9351.895.220315.87040.1102.251.200
Xefe de 2ª, delineante superior148.9301.787.160297.86037.3022.122.322
Oficial de 1ª, delineante de 1ª138.7301.664.760277.46034.3971.976.617
Delineante de 2ª, viaxante131.4521.577.424262.90432.1501.872.478
Oficial de 2ª123.6751.484.100247.35029.6881.761.138
Auxiliar administrativo117.0951.405.140234.19027.6291.666.959
Aspirante 91.2171.094.604182.43420.1151.297.153

NOTA: das remuneracións se deducirán os seguintes conceptos:

-As cuotas da Seguridade Social a cargo do traballador.

-O imposto sobre a renda das persoas físicas.

ANEXO II

TÁBOAS DE REMUNERACIÓN MÍNIMAS (SEN ANTIGÜIDADE)

Persoal obreiro

CategoríasSalario mesSalario

12 meses

Gratif.

Regulament.

2 meses

Particip. en

beneficios

Total anual

Capataz127.3471.528.164254.69430.4581.813.316
Oficial de 1ª122.4311.469.172244.86228.9381.742.972
Oficial de 2ª118.0941.417.128236.18827.6001.680.916
Oficial de 3ª115.1731.382.076230.34626.6861.639.108
Peón especialista113.4381.361.256226.87626.1421.614.274
Peón ordinario110.6551.327.860221.31025.3511.574.521
Pinche 85.3741.024.488170.74818.7241.213.960

NOTA: das remuneracións se deducirán os seguintes conceptos:

-As cuotas da Seguridade Social a cargo do traballador.

-O imposto sobre a renda das persoas físicas.

ANEXO III

NORMAS PARA A DISTRIBUCIÓN DA AXUDA DE ESTUDIOS

1. A axuda de estudios beneficiará exclusivamente os fillos dos traballadores acredores a isto, segundo os artigos que seguen. Exclúense expresamente os irmáns dos traballadores ou outros familiares de calquera grao.

2. A contía global que se repartirá anualmente será o establecido en todo momento por convenio entre empresa e traballadores.

3. Terá dereito a recibi-la axuda de estudios todo o persoal de Unión Cristalera, S.A. con fillos -tanto naturais coma lexítimos, adoptados legalmente ou baixo tutela legal, e mesmo os tidos en anteriores nupcias, sempre que estean baixo a tutela do declarante- e que ademais reúna as condicións seguintes:

a) Que o pai ou titor o solicite expresamente, cada ano, en impreso que facilitarán oportunamente os representantes dos traballadores en cada centro de traballo.

b) Que realicen cursos de titulacións recoñecidas polo Estado ou estudios de capacitación profesional de duración igual ou superior a un ano escolar, sen límite mínimo nin máximo de idade.

c) Que os estudios se realicen en centros situado no territorio español, tanto públicos coma privados.

d) Os fillos subnormais de calquera idade, tanto que vivan cos pais como que permanezan en centros especiais, pero sempre e cando estean a cargo do solicitante.

4. Non terán dereito a recibi-la axuda de estudios os que incumpran o establecido no artigo 3º e, ademais:

a) O persoal expresamente excluído do ámbito do convenio colectivo.

b) Os fillos dos traballadores que, aínda cando estudien, teñan un traballo fixo remunerado como mínimo co salario mínimo interprofesional.

5. Calquera caso non previsto por estas normas será resuelto por el comité de empresa.

6. Cada fillo con dereito a isto, devengará a axuda de estudios unha soa vez ó ano, é dicir, no caso de que o pai e a nai traballen en U.C., non poderán presentar dúas solicitudes, senón conxuntamente unha soa solicitude.

7. Os impresos que se faciliten para formaliza-la solicitude serán cubertos polo solicitante con tódolos datos que se pidan, pondo ademais a data de entrega e sinatura. Os datos relativos ós estudios referiranse sempre ós do último ano escolar finalizado, non ó que se vaia cursar.

8. En tódolos centros de traballo de Unión Cristalera, S.A. o prazo para solicita-la axuda de estudios abrirase o 15 de maio e cerrarase o 31 de maio. Non se admitirán, por ningún motivo, solicitudes que cheguen a poder dos representantes despois da data de peche.

9. Os representantes en cada centro de traballo exporán unha nota no taboleiro de anuncios, abrindo o prazo de solicitude e facendo constar expresamente a data de peche.

10. Unha vez pechado o prazo, os representantes remitiranlle as solicitudes ó secretario do comité de empresa, quen as tramitará en primeira instancia e remitirá a cada centro de traballo unha relación de tódolos solicitantes, fillos acredores a axuda, nivel de estudios e coeficiente que corresponda a cada fillo; esta relación exporase nos respectivos taboleiros de anuncios entre o 5 e o 10 de xuño como máximo.

11. Á vista dos datos que se indican no artigo anterior, calquera traballador de Unión Cristalera, S.A. poderá formula-las reclamacións que considere oportunas.

12. O 11 de xuño ou seguinte día hábil reunirase o comité de empresa para tramitar definitivamente tódalas solicitudes, resolve-las reclamacións que houber e calquera outra incidencia, así como determina-las cantidades que correspondan a cada solicitante en función da suma de coeficientes asignados e a cantidade global para repartir segundo convenio. O comité de empresa exporá a seguir en tódolos centros de traballo de U.C. unha relación segundo se especifica no artigo 10º, co coeficiente definitivo que corresponde a cada fillo e a cantidade que percibirá.

13. A empresa liquidará o importe que lle corresponda a cada solicitante, segundo a relación definitiva, na nómina do mes de agosto.

14. Non existe limitación da axuda de estudios que corresponda a cada solicitante por número de fillos acredores a isto. A única limitación na contía de cada axuda vén dada pola cantidade global que se reparta, o número total de fillos de tódolos traballadores solicitantes e o nivel de estudios.

15. Para a concesión da axuda non se terán en conta as notas obtidas no curso; para estes efectos serán indiferentes, xa que logo, os suspensos ou «non aptitude» dos estudiantes.

16. Os coeficientes para calcula-lo que corresponde a cada estudiante acredor á axuda serán, segundo o nivel de estudios, os seguintes:

NivelCoeficiente

Preescolar e párvulos1,00

EXB de 1º a 4º ano incluído1,50

EXB de 5º a 8º ano incluído2,00

BUP, COU e escolas profesionais2,50

Estudios superiores3,00

Subnormais5,00

17. Aplicaranse os ditos coeficientes como segue:

a) A cada estudiante, segundo o nivel de estudios que figure na solicitude, asignaráselle o coeficiente que corresponda.

b) Sumaranse tódolos coeficientes asignados, dando unha cifra variable cada ano, que loxicamente ha ser así polas distintas circunstancias que se darán cada ano nas solicitudes.

c) A cantidade anual para repartir pactada en convenio dividirase entre a suma dos coeficientes obtida segundo se indica na alínea b), resultando así a cantidade que corresponde ó coeficiente 1,00, precisamente para ese ano que se calcula.

d) Basta multiplicar esa cantidade base obtida segundo se indica na alínea c) polo coeficiente que corresponda para que resulte o que devengará cada fillo.

e) Pola súa vez, súmanse as cantidades devengadas por cada fillo, o que dará como resultado o total que percibirá cada traballador solicitante.

f) A suma de tódolos totais percibidos por tódolos traballadores debe ser necesariamente o pactado en convenio.

18. O comité de empresa estudiará os casos nos que se aprecie incorrección de datos facilitados polo solicitante. Se se probase algún falseamento intencionado de datos, o comité poderá adoptar sancións, mesmo ata a suspensión indefinida da axuda.

ANEXO IV

SEGURO DE VIDA E INVALIDEZ

Ten por obxecto garantirlles un capital ós traballadores que cumpran as condicións máis adiante citadas, nas seguintes eventualidades:

a) Falecemento.

b) Invalidez permanente absoluta.

Pagadoiro ós beneficiarios designados ou ó propio asegurado, respectivamente, de acordo co disposto na orde do Ministerio de Facenda do 12-8-1981 (BOE do 5-9-1981).

Traballadores asegurados.

Beneficiaranse das garantías establecidas no seguro:

1. Tódolos traballadores de alta na empresa ata que termine a anualidade en que os asegurados cumpran 65 anos de idade.

2. Os traballadores fixos no cadro de persoal, xubilados anticipadamente entre os 60 e 65 anos de idade, ata que termine a anualidade en que o asegurado cumpra 65 anos.

3. Os traballadores fixos no cadro, en situación de invalidez provisional, ata que termine a anualidade en que cumpran 65 anos.

4. Os traballadores fixos no cadro de persoal que, de común acordo coa empresa, ó cumpriren os 65 anos, sigan en servicio activo, terán garantido o risco de falecemento, como máximo, ata o 31 de decembro do ano correspondente ó septuaxésimo aniversario de cada asegurado.

Traballadores excluídos das garantías.

Serán os seguintes:

1. Os que estean cumprindo o servicio militar ou en situación de excedencia.

2. Aqueles que teñan xa establecido, con carácter persoal pola empresa e a cargo dela, outro seguro igual ou similar a este.

Duración das garantías.

a) Comezo das garantías.

As garantías terán efecto a partir do primeiro días do mes seguinte de ser dado de alta na empresa.

b) Cesamento de garantías.

O mesmo día do cesamento para os asegurados que causen baixa temporal (licencias ou excedencias) ou definitiva na empresa, salvo nos casos previstos nos números 2 e 3 do apartado «traballadores asegurados».

En caso de que o asegurado fose declarado en situación de invalidez permanente absoluta, cesarán as garantías para o caso de falecemento.

Capital asegurado.

O importe do capital garantido para cada asegurado é igual ó producto do capital base polo coeficiente familiar.

Establécese un capital base de 300.000 ptas.

Coeficiente familiar.

Segundo a situación familiar dos asegurados establécense os seguintes coeficientes que se aplicarán sobre o capital base:

-Persoal interino, eventual ou en período de proba: 100%.

-Para asegurados solteiros ou viúvos sen fillos: 100%.

-Para asegurados casados: 120%.

-Para asegurados viúvos ou solteiros con fillos menores de 18 anos ou maiores incapacitados: 120%.

-Por cada fillo menor de 18 anos ou maior incapacitado incrementarase o capital base en: 20%.

Riscos garantidos.

Garántense tódolos casos de falecemento coas únicas reservas que se citan a seguir:

-A garantía só ten efecto en caso de suicidio dun asegurado cando se produza, polo menos, dous anos despois da súa entrada no seguro.

-Non está garantido o risco de morte a consecuencia de viaxes en avión non efectuados en liñas comerciais aéreas de transporte en común, carreiras de automóbiles ou de calquera outro vehículo de motor.

-Respecto da cobertura do risco de invalidez permanente absoluta, os riscos excluídos son os sinalados na orde do Ministerio de Facenda do 24 de xaneiro de 1977, anexo III, Art. 3º 2ª.

Beneficiarios.

Os beneficiarios serán os seguintes:

-O cónxuxe sobrevivente; no seu defecto, os fillos do matrimonio; na falta destes o pai e a nai ou o que sobreviva a ambos. En defecto das persoas indicadas, os habentes dereito lexítimos.

-De forma excepcional, e cando exista unha causa que o xustifique, poderase establecer unha atribución beneficiaria distinta, pero estas excepcións deberán ser comunicadas expresamente para cada caso particular. Nestes casos o interesado cubrirá o boletín de cambio de beneficiario e entregaráselle á empresa.

Disposicións varias.

En caso de invalidez permanente absoluta aboarase o capital garantido cando ó asegurado lle sobreveña unha incapacidade física ou mental que poña a este, antes da idade dos 65 anos, na imposibilidade permanente e definitiva de exercer calquera traballo remunerado.

En caso de invalidez permanente absoluta, desde a mesma data en que se aboase o capital asegurado, o asegurado deixará de estar garantido para o caso de falecemento.

ANEXO V

INCREMENTOS DOS ANOS 1997 E 1998

I. Táboas de retribución salarial. Anexos I e II ano 1997.

Servirán de base para confecciona-las táboas de retribución do ano 1997 as que estivesen vixentes ata o 31 de decembro de 1996.

A esta base de referencia aplicaráselle o IPC previsto polo Goberno para 1997.

Esta mesma aplicación efectuarase cos seguintes conceptos:

-Antigüidade.

-Axudas de custo.

-Escala C.C.C.

-Horas extra.

-Xornada partida.

II. Táboas de retribución salarial. Anexos I e II ano 1998.

Servirán de base para confecciona-las táboas de retribución do ano 1998 as que estivesen vixentes ata o 31 de decembro de 1997.

A esta base de referencia aplicaráselle o IPC previsto polo Goberno para 1998.

Esta mesma aplicación efectuarase cos seguintes conceptos:

-Antigüidade.

-Axudas de custo.

-Escala C.C.C.

-Horas extra.

-Xornada partida.

ANEXO VI

COMPLEMENTO ESPECIAL DE OBXECTIVOS

Establécese durante a vixencia deste convenio un complemento especial de obxectivos sobre as seguintes bases:

Obxectivos: supera-lo 31 de decembro de cada ano a cifra de vendas a clientes prevista no orzamento anual inicial para a sociedade.

A forma de aplicación será segundo o cadro seguinte:

Data deEscala en función

do cociente entre

vendas reais e ven-

das previstas de

cada ano

Porcentaxe que se

vai aplicar sobre a

retribución salarial,

anexo I e II

1,010,3%
1,020,6%
1,030,9%
2/19971,041,2%
2/19981,051,5%
2/19991,061,8%
1,072,10%
1,082,40%
1,092,70%
1,10 (tope)3,0%

Condicións de aplicación: trátase de pesetas/brutas e no momento da aplicación, afectará ó persoal que forma parte do cadro o 31 de decembro do ano anterior, en función do tempo traballado nese ano.

O aboamento realizarase nunha soa paga no mes de febreiro dos anos 1997, 1998 e 1999.

Non é consolidable nin trasladable ás táboas salariais.

5885