Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 24 de outubro de 1996 Páx. 9.457

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 outubro de 1996 pola que se amplían os prazos de xustificación dos investimentos realizados ó abeiro das resolucións de axudas e subvencións para 1996 do Instituto Galego de Consumo.

O Instituto Galego de Consumo dictou no ano 1996 a Resolución do 16 de abril de 1996 pola que se convoca e regula a concesión de subvencións a corporacións locais, para actividades de información, educación e defensa do consumidor para o ano 1996 (DOG nº 82, do 26-4); e a Resolución do 30 de abril de 1996 pola que se convoca e regula a concesión de axudas a organizacións de consumidores e usuarios, para actividades de información, educación e defensa do consumidor e usuario para o ano 1996 (DOG nº 95, do 15-5).

Nas devanditas disposicións establécese como requisito indispensable para o pagamento da axuda e subvención, a presentación, antes do 30 de outubro de 1996, da documentación acreditativa do investimento realizado.

O alto número de solicitudes presentadas motivou un dilatado proceso de avaliación dos proxectos e resolucións dos respectivos expedientes, polo que se considera necesario amplia-lo prazo de xustificación dos investimentos levados a cabo polos solicitantes.

Por todo o anterior e ó abeiro do artigo 49 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no uso das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Amplia-lo prazo para a execución e xustificación dos investimentos subvencionados ó abeiro das resolucións do 16 e 30 de abril de 1996, ata o 30 de novembro de 1996.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 1996.

Francisco Gallegos Martínez

Presidente do Instituto Galego de Consumo

9605884