Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 24 de outubro de 1996 Páx. 9.467

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de xullo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector do grupo de espectáculos e deportes.

Visto o expediente do convenio colectivo do sector do grupo de espectáculos e deportes que tivo entrada nesta delegación provincial o día 12-7-1996, subscrito en representación da parte económica por La Solana, Club de Tenis, R.C. Náutico, Club de Golf, Aero Club Santiago, e, da parte social, pola Confederación Inter

sindical Galega, o día 3-7-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e o Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de xullo de 1996.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Convenio colectivo provincial para o grupo de espectáculos e deportes da provincia da Coruña

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio será de aplicación para as empresas e sociedades integradas no grupo de deportes da provincia da Coruña e reguladas pola vixente regulamentación laboral de traballo para os locais de espectáculos e deportes do 29-4-1950.

Artigo 2º.-Vixencia.

A vixencia do presente convenio colectivo será por tempo indefinido en tódolos seus contidos, ata que as partes decidan substituílo por outro negociado, en todo ou en parte, e de acordo co previsto no seu artigo 3, iniciando a súa vixencia o día 1 de abril de 1996.

Artigo 3º.-Denuncia para efectos de negociación.

Este convenio poderá ser denunciado por calquera das partes cada ano de vixencia, cun mes de antelación. Se non fose denunciado entenderase prorrogado por iguais períodos sucesivamente. En caso de prórroga, actualizaranse tódolos seus conceptos económicos, no IPC do ano anterior máis dous (2) puntos.

Artigo 4º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de trinta e nove horas semanais (39). Establécese un descanso de vinte minutos (20) computables como traballoe fectivo, cando a xornada de traballo sexa continuada.

Artigo 5º.-Cláusula de revisión.

Noc aso de que o IPC publicado polo INE ou organismo que o subtitúa, superase o 31 de decembro de 1996 un incremento do 3,5% con respecto ó 31

de decembro de 1995, efectuarase unha revisión salarial sobre tódolos conceptos económicos no exceso da devandita cifra. Tal incremento aboarase con efectos do 1 de abril do mesmo ano e para levalo a cabo tomaranse como referencia os salarios utilizados para realiza-los aumentos pactados para 1996. As ditas táboas revisadas tomaranse como base para a negociación do convenio colectivo para 1997.

Artigo 6º.-Licencias.

Sen perda de retribución ningunha, a empresa concederá licencias nos casos seguintes:

-Matrimonio do productor, 15 días.

-Enfermidade grave do cónxuxe, pais, fillos e parto da muller, 4 días.

-Morte do cónxuxe, pais, fillos e irmáns, 4 días.

Se o productor tivese que desprazarse fóra de Galicia as ditas licencias ampliaranse a 7 días.

-Morte de pais, irmáns políticos de ámbolos cónxuxes, ou avós, 2 días.

-Morte de tíos, sobriños, netos, curmáns, 1 día.

-Vodas de fillos ou irmáns, 1 día se é dentro da provincia e 3 se é fóra dela.

-Bautizos e primeiras comunións de fillos e netos, 1 día.

-Por calquera tipo de intervención cirúrxica dos familiares de primeiro grao ou persoas que convivan na unidade familiar, 1 día.

Artigo 7º.-Vacacións.

As vacacións reguladas para tódolos traballadores afectados polo presente convenio serán de 30 días, entendéndose comprendido no importe das vacacións o salario base, a antigüidade, plus de convenio, e calquera outro concepto fixo ou periódico.

As empresas, de común acordo cos representantes dos traballadores, ou cos traballadores no caso de que non houbese representantes, poderán fixar a primeiros de xaneiro o cadro de vacacións correspondente ó ano que corre.

No caso de que por calquera motivo non se puidesen desfruta-las vacacións nas datas establecidas no calendario, desfrutararnse noutra data, logo de acordo entre a empresa e o traballador afectado, sendo a data tope para o seu desfrute a da denuncia para efectos de negociaciónd este convenio.

O persoal de traballo de tempada desfrutará estas proporcionalmente ó tempo traballado e ó seu remate.

Establécese unha bolsa de vacacións de 45.000 ptas. para o ano 1996, e para os traballadores fixos na empresa que desfruten as vacacións nos meses de outubro a abril, ámbolos dous inclusive; esta cantidade faraa efectiva a empresa 2 días antes do inicio do período de vacacións.

Artigo 8º.-Antigüidade.

Para todo o persoal que ingresase na empresa con anterioridade ó 1-4-1980, a antigüidade será computada por trienios do 8%. Para o persoal que ingrese con posterioridade á data anterior, rexerán as seguintes táboas:

-Ós 3 anos, 8%.

-Ós 5 anos, 10%.

-Ós 8 anos, 12%.

-Ós 10 anos, 15%.

-Ós 13 anos, 20%.

-Ós 15 anos, 25%.

-Ós 18 anos, 30%.

-Ós 20 anos, 40%.

-Ós 23 anos, 50%.

-Ós 25 anos, 60%.

Para isto teranse en conta, e para estes efectos, os límites da lexislación vixente.

Artigo 9º.-Pagas extraordinarias.

As empresas concederán as seguintes pagas extraordinarias:

No mes de xullo e no mes de decembro, no mes de marzo e no mes de outubro, sento todas elas de 30 días de salario base máis antigüidade.

Artigo 10º.-Baixa por enfermidade.

Para as dúas primeiras ILT por enfermidade ou accidente dentro da vixencia do convenio, as empresas incrementarán as prestacións de Seguridade Social, ata o cen por cento do salario en activo (salario base, antigüidade, plus de convenio e calquera outro concepto fixo ou periódico).

Para a terceira, nos tres primeiros días de ausencia, o traballador deixará de devengar o 20% da retribución diaria.

Do cuarto, ó décimo quinto día, ámbolos dous inclusive, deixarase de devenga-lo dez por cento da citada retribución.

Cando a situación de ILT dure máis de 15 días ininterrompidos devengarase a retribución íntegra desde o primeiro día de ausencia. Das situacións de enfermidade aludidas exclúense as ausencias orixinadas por:

Hospitalización, intervención cirúrxica e descanso por maternidade.

O incremento das prestacións non será repercutible nas pagas extraordinarias e estas serán aboadas na súa totalidade.

Artigo 11º.-Retribucións.

As retribucións para o persoal afectado por este convenio serán as seguintes para 1996, tendo carácter de mínimos para tódolos efectos previstos na lexis

lación laboral vixente para os traballadores o traballadoras coa xornada prevista no artigo 4º do presente convenio colectivo, sendo proporcional nos demais casos. A suba inicial sobre tódolos conceptos económicos será do 4% excepto na bolsa de vacacións e seguro, que inicialmente serán as cantidades que nos apartados correspondentes se marcan.

CategoríasMensualAnual

Titulados de grao superior137.4082.316.308
Titulados de grao medio109.3881.867.988

Persoal administrativo:
Xefe de Negociado107.8451.843.300
Oficial primeira104.1311.783.876
Oficial segunda100.1871.720.772
Auxiliares96.0781.655.028

Persoal obreiro:
Encargado de primeira105.1841.800.724
Encargado de segunda104.9361.796.756
Oficial de primeira104.0921.783.252
Oficial de segunda100.1871.720.772
Oficial de terceira96.4031.660.228
Encargado de cabina92.2611.593.956
Operarios de limpeza92.2611.593.956
Peóns92.2611.593.956

Para os efectos consignados na táboa anterior, enténdese por categoría de encargado de primeira e segunda o traballador que teña ó seu mando e ordes un grupo de persoal.

Artigo 12º.-Plus de convenio.

Establécese un plus de convenio de 9.815 ptas. mensuais, quedando conxelado para os anos vindeiros. Os aumentos que resulten da aplicación do convenio de cada ano, dividiranse por doce e incrementaranse ó salario base mensual.

Artigo 13º.-Seguro.

As empresas ou sociedades, ben a nivel individual ou de sector, concertarán ó seu cargo un seguro por importe de 2.000.000 de ptas. para os casos de morte ou incapacidade total para o traballo en caso de accidente e para todos e cada un dos traballadores.

Artigo 14º.-Comisión mixta paritaria.

Como órgano de conciliación, intervención, arbitraxe e vixilancia do presente convenio, créase unha comisión de 6 vocais, 3 por cada unha das partes. A citada comisión virá obrigada a xuntarse unha vez por trimestre, como mínimo, ou cando o soliciten 3 vocais.

Artigo 15º.-Xubialción.

a) A xubilación do persoal afectado polo presente convenio colectivo será obrigatoria a idade que regulamentariamente estableza o Goberno, fixada actualmente nos 65 anos, coa excepción dos que de mutuo acordo coa empresa se acollan ó R.D.L. 14/1981, do 4 de agosto, e opten pola modalidade de pensión por xubilación ós 64 anos de idade.

Con independencia do anterior, en todo caso, ó persoal que decida xubilarse anticipadamente, garanti

ránselle as seguintes indemnizacións por xubilación e segundo a seguinte escala de idade:

-Ós 63 anos, 12 mensualidades.

-Ós 62 anos, 13 mensualidades.

-Ós 61 anos, 14 mensualidades.

-Ós 60 anos, 15 mensualidades.

b) Para os centros de trraballo real Club Náutico de A Coruña e Club de Golf de A Coruña, o apartado a) do presente artigo non surtirá efecto, séndolles de aplicación a estes centros o seguinte:

Todos aqueles traballadores que teñan dereito ás prestacións do cento por cento da xubilación, a partir do asinamento do presente convenio, negociarán coa empresa a súa posible xubilación anticipada, aínda cando non teñan a idade regulamentaria de 69 anos prevista polo sStatuto dos traballadores, de forma que ó teren dereito ás prestacións do cento por cento sexa cal fose a súa idade, habendo acordo entre as partes, se considerarán extinguidas as relacións laborais.

Establécense os seguintes premios por xubilación anticipada:

-Ós 63 anos, doce mensualidades.

-Ós 62 anos, trece mensualidades.

-Ós 61 anos, catorce mensualidades.

-Ós 60 anos, quince mensualidades.

c) Para facer uso dos dereitos previstos para a xubilación anticipada no artigo 15º do convenio colectivo, os traballadores terán que preavisar á empresa no exercicio económico anterior.

d) Cando as empresas e sociedades cubran cun novo traballador as vacantes de persoal que se produzan pola aplicación do previsto no artigo 15º do convenio colectivo e estes superen satisfactoriamente un período de proba de seis meses, pasarán a integrarse como fixos do cadro de persoal; sendo un período de nove meses para acada-la mesma condición, os que suplan ós xubilados a través do Real decreto lei 14/1981, do 4 de agosto, sempre que non estivesen vinculados á empresa nos dous últimos anos, por un contrato de igual ou superior tempo; en tal caso, seguirán aplicándose os seis meses de proba.

Artigo 16º.-Descanso dominical.

No sector de deportes polas súas específicas características, estarase exento do descanso dominical coas seguintes limitacións:

a) Só poderán traballar en domingo aqueles traballadores que ata a data o viñan facendo, e nos postos de traballo que sexa necesario facer traballos en domingos e festivos.

b) Salvo nos casos especificados no apartado seguinte, ningún traballador poderá traballar dous domingos seguidos, é dicir, que como máximo se poderá traballar un domingo si e outro non.

c) Para aquelas sociedades nas que a aplicación do apartado b) sexa imposible, debido ás numerosas

funcións que desempeñan en domingos e festivos, a empresa poderá modifica-lo sistema aquí regualdo, para o cal terá que chegar a un acordo previo con cada traballador afectado, co coñecemento e sen a oposición do comité de empresa ou delegados de persoal.

Artigo 17º.-Cadro de descansos.

Tódalas empresas a raíz da publicación do presente convenio colectivo no BOP, estarán obrigadas a expoñer en lugar público un cadro de descansos de polo menos 8 semanas; a exposición farase con 10 días de antelación á data da súa entrada en vigor e este terá que ser negociado previamente cos traballadores.

Artigo 18º.-Roupa de traballo.

Entregaranse dúas pezas de roupa de traballo adecuadas ás funcións que cada traballador desempeñe, e noc aso de deterioración xustificada as necesarias, a partir do asinamento do presente convenio e cunha periodicidade anual.

Artigo 19º.-Cláusula de desvinculación.

Cando unha empresa ou sociedade das incluídas no ámbito de aplicación deste convenio pretenda a inaplicación do nivel retributivo establecido nel, deberá proceder do seguinte xeito:

1. A empresa ou sociedade interesada na inaplicación deberá remitirlle á comisión paritaria do convenio a documentación que considere pertinente, xunto co escrito no que formule o seu propósito, no prazo improrrogable de dez días, a partir do seu asinamento se participa na negociación, e no de oito días despois do seu rexistro na oficina pública correspondente se non participase nel.

2. A comisión paritaria disporá do termo dun mes para resolver. Dentro deste tempo, escoitará os representantes dos traballadores da empresa solicitante, os sindicatos participantes na mesa negociadora, así como os representantes da empresa solicitante.

3. Será requisito necesario para instar, obte-la inaplicación do nivel retributivo do convenio, estar ó día no seu aboamento ata a data de resolución da comisión paritaria.

4. Así mesmo, a empresa debe dar conta da situación de inestabilidade nos exercicios anteriores, e demostrar verdadeiramente que no caso de aplica-lo réxime salarial pactado no convenio, tería que proceder ás medidas de extinción e suspensión de contratos; en calqueira caso, a empresa debe precisa-las circunstancias económicas que xustifiquen a súa solicitude e achega-la documentación económica e financeira co fin da súa fiscalización sindical.

5. No caso de estimar fundada a solicitude, a comisión paritaria establecerá o incremento salarial aplicable na empresa ou sociedade afectada, quedando inalterado o establecido neste convenio respecto do réxime salarial e a súa estructura.

6. En todo caso, o beneficio da inaplicación só se entende ata o remate do primeiro período de vixencia establecido para o nivel retributivo vixente no momen

to da solicitude. Os incrementos posteriores aplicaranse sobre o salario que correspondese de non se ter aplicado a desvinculación e non sobre o salario desvinculado.

7. A comisión paritaria expedirá copia que dea fe da súa resolución, remitindo exemplares desta á representación da empresa, ós traballadores e traballadoras dela, e ós sindicatos que compareceron no trámite.

8. A comisión paritaria poderá estar asistida dos asesores que considere necesarios.

Artigo 20º.-Atrasos.

As empresas aboarán os atrasos correspondentes ó presente convenio coa mensualidade que corresponda, seguinte á publicación no BOP.

5879