Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Xoves, 24 de outubro de 1996 Páx. 9.470

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscripción no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Hostal de los Reyes Católicos.

Visto o expediente do convenio colectivo do Hostal de los Reyes Católicos, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 12-7-1996, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social, polo comité de empresa o día 26-6-1996, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliacón (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 22 de xullo de 1996.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio colectivo regulará as relacións laborais no Hostal de los Reyes Católicos, de Santiago de Compostela.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio será de aplicación a tódolos empregados do Hostal de los Reyes Católicos de Santiago de Compostela, así como ós que sexan contratados durante a súa vixencia, exceptuándose da súa aplicación o réxime retributivo do nivel 1 que será pactado individualmente cos titulares dos postos do dito nivel, con respecto en todo caso dos mínimos que figuran nas táboas salariais. Non se aplicará en ningún dos seus aspectos ós cargos de confianza e asesoramento técnico non incluídos nas táboas salariais do presente convenio.

Artigo 3º.-Vixencia e duración.

a) O presente convenio terá unha duración de tres anos, concretamente desde o 1 de xaneiro de 1995 ata o 31 de decembro de 1997 e para cada un dos ditos tres exercicios observarase o que con carácter propio di o articulado.

b) Durante a vixencia do convenio respectaranse as condicións máis beneficiosas que, a título persoal, poidan afectar ós traballadores incluídos no seu ámbito de aplicación.

Artigo 4º.-Revisión salarial para 1995, 1996 e 1997.

a) Ano 1995. Incremento do 3,8 por 100 sobre o salario base e demais conceptos económicos, a excepción dos complementos persoais que, na súa actual contía, quedan atribuídos ós seus actuais perceptores.

b) Ano 1996. Incremento do 3,5 por 100 sobre o salario base e demais conceptos económicos, a excepción da antigüidade que se rexe polas súas propias regras. Os complementos persoais seguen a mesma regra sinalada no apartado a) precedente.

c) Ano 1997. Incremento no salario base e demais conceptos económicos na mesma porcentaxe que a previsión orzamentaria de incremento do IPC, a excepción da antigüidade e os complementos persoais para os que rexen as regras sinaladas nos apartados anteriores deste artigo.

Artigo 5º.-Denuncia e prórroga.

O presente convenio poderá ser denunciado por calquera das partes con dous meses de antelación ó seu vencemento. Unha vez denunciado, as partes comprométense a formaliza-la mesa negociadora no prazo de tres meses a partir de ser recibida a comunicación de denuncia.

Artigo 6º.-Compensación e vinculación á totalidade.

As condicións de traballo ou económicas pactadas no presente convenio, así como as voluntarias que

se establezan no sucesivo, serán compensadas e absorbidas ata onde alcance polos aumentos, melloras ou condicións superiores de calquera natureza que, fixados por disposición legal, contrato individual ou concesión voluntaria, poidan establecerse no sucesivo. As condicións do presente convenio son consideradas como unha unidade indivisible, e non será válida ningunha delas se se suprimise algunha.

Artigo 7º.-Solución arbitral de conflictos.

As partes asinantes do presente convenio asumen somete-las cuestións que se presenten en razón da súa aplicación, xa sexan discrepancias nas súas interpretacións ou conflictos ó sistema de arbitraxe vixente no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Mantense a comisión paritaria formada por dous membros do comité de empresa e dous representantes da empresa.

Capítulo II

Artigo 8º.-Salarios e reclasificación de niveis.

a) As táboas salariais de 1995 son as que figuran no anexo único do presente convenio.

b) As táboas salariais para 1996 serán as que resultan de aplicar ó salario base resultante en 1995 un incremento do 3,5 por 100.

c) As táboas salariais para 1997 serán as que resulten en 1996 cun incremento no salario base igual ó IPC previsto para ese ano 1997, mais con efectos do 1 de xaneiro de 1997, o que resulta do sistema de reclasificación pactado co seguinte alcance:

-Encargado de limpeza pasa do nivel 5 ó nivel 4.

-Camareiro de pisos e cociñeiro pasan do nivel 6 ó nivel 5.

-Axudante de cociñeiro, axudante de reposteiro, porteiro de servicio de garaxe (porteiro de 2ª), vixilante de noite, axudante de cafeteiro e mozo de economato, pasan do nivel 7 ó 6.

-Mozo de equipaxes, marmitón, pinche, fregador, lenceiro, peón e aprendiz de camareiro pasan do nivel 8 ó 6.

-Mozo dos recados, mozo de limpeza e limpador pasan do nivel 9 ó 6.

En tódolos casos en que a mellora económica da reclasificación supoña consolidar un salario base superior ó resultante de aplica-lo incremento retributivo pactado para o nivel de orixe, tal mellora absorbe o incremento sinalado. Este criterio de absorción non rexe para incrementos en anos sucesivos a aquel en que se producise a reclasificación.

As partes asinantes comprométense, para o primeiro semestre de 1998, e con efectos desde o 1

de xaneiro do dito ano, a acordar reducir a 5 os 6 niveis resultantes da reclasificación acordada.

Artigo 9º.-Manutención.

Todo o persoal de calquera categoría que non faga uso do dereito de manutención, recibirá como compensación en metálico a cantidade de 3.066 ptas. mensuais en 1995.

Artigo 10º.-Antigüidade.

A)

1. Con efectos do 1 de xullo de 1996 os traballadores que na dita data viñesen percibindo antigüidade, verán substituído o anterior réxime de devengos por un complemento ad personam de carácter non absorbible nin compensable.

2. O dito complemento estará integrado pola suma de:

-Por tramos completos de antigüidade devengada, a cantidade correspondente por aplicación da porcentaxe propia de cada caso.

-Por tramos incompletos en curso de devengo, a cantidade proporcional á parte do tramo cumprido con aplicación da porcentaxe que lle é propia.

3. Este complemento non é de aplicación a novas contratacións de persoal fixo e incrementarase cada ano no 50 por 100 da porcentaxe de incremento do salario base e mantense só mentres subsista a vinculación coa empresa.

B) Os empregados afectados polo sinalado no apartado A) precedente percibirán por cada quinquenio de servicios efectivos prestados, contados en canto ó seu vencemento desde o 1 de xullo de 1996, a cantidade fixa de 7.000 pesetas mensuais por cada quinquenio que, devengado, se incorpora ó seu complemento ad personam.

Artigo 11º.-Gratificación extraordinarias.

As gratificacións de decembro e de xullo serán de trinta días de salario base máis, se é o caso, complemento ad personam que substitúe o réxime de devengos por antigüidade, complementos persoais recollidos nas táboas salariais para os que o teñan recoñecido a título singular, se é o caso, e manutención.

Coa mesma base de cálculo no mes de setembro aboarase unha paga extraordinaria de quince días.

Os traballadores que se incorporen ó servicio miliar ou prestación civil substitutoria, terán dereito a percibi-las gratificacións extraordinarias de xullo e decembro sempre que prestasen servicio activo no establecemento polo tempo necesario para devenga-las ditas gratificacións. Durante os ditos períodos reservarase o posto de traballo e, se é o caso, ese tempo computará para efectos de quinquenios.

Artigo 12º.-Incentivo.

Con independencia dos diversos conceptos retributivos que contén este convenio, establécese en favor dos traballadores dese centro un devengo en función dos cuartos ocupados durante o ano que se determinará do seguinte xeito:

Primeiro.-Cinco días de haber fixo cando a porcentaxe de ocupación media anual de cuartos sexa o 40% de ocupación real do hotel.

Segundo.-Dez días cando a porcentaxe media anual sexa do 50%.

Terceiro.-Un día máis por cada unidade enteira de aumento na porcentaxe real de ocupación, redondeándose a fracción cara ó número enteiro máis próximo.

Cuarto.-Tres días máis de salario cando se supere a porcentaxe media anual do 60% de ocupación do hotel.

Quinto.-Catro días e medio máis de salario cando se supere a porcentaxe media anual do 70% de ocupación do hotel.

Sexto.-Para efectos dos cálculos anteriores, a base sobre a que se calcula a porcentaxe será o número de cuartos dispoñibles de uso en cada momento, entendendo por dispoñibles todas excepto os afectados por obras de reparación ou conservación. Por haber fixo entenderase o salario base, a antigüidade para 1995 e para 1996 e anos sucesivos, o complemento ad personam que a substitúe, e mailos complementos persoais, se é o caso, e manutención.

Sétimo.-Da cantidade que resultase por aplicación dos criterios anteriores deducirase a parte proporcional que corresponda a ausencias do traballo por IT, agás que esta teña como causa a maternidade, accidente de traballo, enfermidade profesional e hospitalización, calquera que fose a causa e duración dela e as súas secuelas ata a alta por curación, no que concirne ó complemento salarial por IT que lle corresponde aboar á empresa e con independencia da prestación económica a cargo da Seguridade Social.

Artigo 13º.-Quebranto de moeda.

En concepto de quebranto de moeda percibirán mensualmente 896 ptas. o caixeiro xeral, 560 pesetas a caixa de recepción e 448 ptas. os caixeiros de departamento.

Esta cantidade, para os seus actuais perceptores, incluirase no seu complemento ad personam.

Artigo 14º.-Horas extraordinarias.

A regulación das horas extraordinarias será conforme a lexislación vixente.

Capítulo III

Artigo 15º.-Vacacións.

O período de vacacións anuais para todo o persoal afectado polo presente convenio, será de trinta días naturais.

Será obrigatorio o seu desfrute e non se poderá pactar cambialas polo seu valor económico.

A dirección da empresa, oídos os representantes dos traballadores, fixará o cadro de vacacións para o ano natural.

Todo traballador ten dereito a coñece-lo seu período de vacacións, polo menos, con dous meses de antelación á data do seu desfrute.

Artigo 16º.-Días festivos aboables e non recuperables.

Os traballadores desfrutarán dos días festivos aboables e non recuperables sinalados no calendario oficial dentro do mes da festividade correspondente.

En ningún caso estes festivos se acumularán ás vacacións. Igualmente, faise obrigatorio o seu desfrute e non poderán cambiarse polo seu valor económico.

Artigo 17º.-Servicios especiais.

Aqueles traballadores que pola índole do servicio que realizan están obrigados a traballar en festivos, aboables e non recuperables, solicitarán do seu xefe de departamento as datas que poidan interesarlles cunha antelación de oito días ás datas propostas. O xefe de departamento autorizará o seu desfrute, sempre e cando as necesidades do servicio o permiten. De non ser factible a súa concesión nas datas indicadas, o xefe do departamento proporá outras que non sexan prexudiciais para a boa marcha do servicio.

En caso de xurdir discrepancias sobre as datas decidirá a comisión paritaria prevista no presente convenio.

Capítulo IV

Baixas, licencias, cobertura de vacantes e excedencias

Artigo 18º.-Cesamento voluntario.

O prazo de preaviso, nos casos de cesamento voluntarios dos traballadores, será de vinte días para xefes e segundos xefes de departamento. O resto do persoal, dez días.

O incumprimento destes prazos por parte dos traballadores dará lugar á perda dos emolumentos que puidesen corresponderlles polas partes proporcionais das gratificacións de xullo e Nadal, na parte correspondente ós días de falta de preaviso.

Artigo 19º.-Licencias.

Sen perda de retribución, concederanse as seguintes licencias:

1. Casamento do traballador: quince días.

2. Voda de fillos e irmáns: un día se é dentro de Galicia e tres se é fóra dela.

3. Enfermidade grave ou intervención cirúrxica do cónxuxe, pais e fillos: catro días.

4. Parto da esposa: catro días.

5. Morte de cónxuxe, pais, fillos ou irmáns: catro días.

6. Morte de pais, fillos, irmáns políticos, avós e netos: dous días.

7. Por traslado do domicilio habitual: un día.

8. Ata dous días ó ano para asuntos propios, co fin de atender necesidades persoais.

Os ditos días desfrutaranse sempre que se preavise ó xefe do departamento con, polo menos, seis días de antelación, agás causas excepcionais inevitables, non sendo necesaria a posterior xustificación da causa.

Salvo pacto en contrario, que prevalecerá sempre, non se desfrutarán en días de traballo situados entre dous festivos, non poderán acumularse entre si, e non poderán ser utilizados simultaneamente por máis dun empregado do mesmo departamento.

Os días desta licencia non desfrutados ó final do exercicio aboaranse na nómina do mes de xaneiro do ano seguinte no seu valor do salario día, segundo niveis, entendéndose por salario tódolos conceptos salariais.

Nos supostos número 3 e 5 entenderase que os días de licencia se computarán á marxe dos días de descanso que podían corresponder ó traballador.

Artigo 20º.-Cobertura de vacantes.

1. Cubriranse só aquelas que a empresa sinale como necesarias porque respondan a esixencias estructurais na actividade do establecemento, logo de publicidade suficiente para posibilita-la presentación de solicitudes por aspirantes que reúnan os requirimentos establecidos.

O prazo máximo para anuncia-las vacantes que se cubrirán é de dous meses desde que se produzan.

1. Vacantes de nivel 1 e 2. Establécese un sistema de libre designación por parte da empresa, logo de exame e consideración dos candidatos internos debidamente cualificados.

2. Vacantes de nivel 3. Xoga a promoción interna se se acredita FP2 ou titulación equivalente e/ou 10 anos de antigüidade na categoría precedente e maila adecuada capacitación para o posto verificada mediante probas hábiles para isto.

3. Vacantes de nivel 4. Como os de nivel 3 se se acredita FP2 ou titulación equivalente e/ou 5 anos de antigüidade na categoría precedente e maila adecuada capacitación para o posto verificada mediante probas hábiles para isto.

4. Vacantes de nivel 5. Como as de nivel 4 se se acredita FP1 ou titulación equivalente e/ou 3

anos de antigüidade na categoría precedente, maila capacitación adecuada para o posto verificada mediante probas hábiles para isto.

5. Vacantes de nivel 6. Se houber aspirantes de paradores distintos ós do Hostal de los Reyes Católicos, cubriranse atendendo á rigorosa orde de antigüidade na empresa, sobre a que unicamente prevalecerán as necesidades de reunificación familiar. Se a vacante resultase deserta procederá a designación de traballador alleo á empresa, mediante a publicidade suficiente, se ben, en función dos servicios prestados ó Hostal de los Reyes Católicos como contratado temporal en posto do mesmo nivel, terá prioridade quen acredite ter prestado servicios en tal condición e sempre en favor de quen o acredite con maior vinculación temporal.

En tódolos casos contarán con preferencia os aspirantes destinados no establecemento.

En caso de non ser posible a cobertura por persoal propio da empresa, recorrerase á contratación externa.

1. A empresa confeccionará o temario pechado e probas para cada nivel profesional, logo de audiencia do comité de centro, para efectos de que formulen as propostas e suxestións que coiden convenientes.

2. O resultado do proceso de cobertura de vacantes será comunicado ó comité de centro e farase público mediante nota informativa.

3. O comité de centro contará con presencia e participación activa en cada proceso de selección; para este fin designará un dos seus membros ou outro empregado en quen delegue tal presencia e participación para cada un dos procesos selectivos, aínda que comprenda vacantes de varios departamentos.

Artigo 21º.-Excedencias.

A excedencia forzosa concederase nos seguintes casos:

1. Nomeamento ou elección para un cargo público.

2. Elección para cargo sindical de ámbito provincial ou superior e polo tempo que dure o seu exercicio.

A excedencia voluntaria concederáselle a tódolos traballadores que leven polo menos un ano de servicio na empresa, e por un prazo non inferior a dous anos, nin superior a cinco.

O excedente voluntario, perderá o seu dereito preferente ó reingreso se durante a súa excedencia, prestase servicios por conta allea en calquera posto de traballo, dentro do territorio nacional, en empresas encadradas na ordenanza nacional de traballo para a industria de hostelería.

A excedencia voluntaria deberá solicitarse nos meses de xaneiro, febreiro, marzo, outubro, novembro e decembro. A empresa virá obrigada a outorga-la súa concesión no prazo dun mes.

Artigo 22º.-Enfermidade.

En caso de enfermidade ou accidente, a empresa incrementará a prestación á Seguridade Social, ata o 100 por 100 do salario fixo, máis, se é o caso, complemento ad personam e complemento persoal e manutención. Esta prestación manterase por un período de doce meses sen prexuízo do que establece o artigo 12 para o incentivo de ocupación.

Non se reducirán días de período de vacacións nos seguintes casos:

1. Os casos de accidente laboral.

2. A maternidade da muller.

3. Tódalas licencias retribuídas.

4. Menos de tres meses de IT.

Artigo 23º.-Absentismo.

Co fin de axusta-lo absentismo ós seus supostos realmente xustificativos por IT, a empresa a través da atención facultativa adecuada, poderá verifica-lo estado de enfermidade ou accidente que sexa comunicado polo traballador, a través do parte de baixa, co fin de xustifica-las faltas de asistencia ó traballo, mesmo mediante recoñecemento a cargo do seu servicio médico de empresa. A negativa infundada do traballador ó dito recoñecemento poderá determina-la suspensión dos dereitos económicos a cargo da empresa pola dita situación.

Os traballadores coidarán que nos partes de baixa e confirmación figure sempre o diagnóstico. Se o facultativo negase a inclusión do diagnóstico no parte de baixa ou nos de confirmación, corresponderalle á empresa a actuación pertinente para reparar tal anomalía, sen que iso supoña carga adicional para o traballador.

Capítulo V

Réxime social e asistencial

Artigo 24º.-Premios de xubilación e auxilio de defunción.

Todo productor que desexe xubilarse antes dos sesenta e cinco anos, terá dereito a unha mensualidade cada dous anos de servicio, non se computarán para estes efectos os primeiros cinco días. Se a xubilación se producise a partir dos sesenta e cinco anos, o traballador terá dereito a dúas mensualidades ós quince anos de servicio, tres mensualidades de quince a vinte anos, catro de vinte a vintecinco anos, cinco de vintecinco a trinta anos, seis de trinta a trinta e cinco ou máis. En caso de falecemento do productor, concederáselle á viúva

ou fillos un auxilio de defunción nas seguintes contías:

Ata cinco anos de servicio: cinco mensualidades.

Ata dez anos de servicio: seis mensualidades.

Ata quince anos de servicio: sete mensualidades.

Ata vinte anos de servicio: oito mensualidades.

Ata vintecinco anos de servicio: nove mensualidades.

A partir dos vintecinco anos, unha mensualidade máis, cada cinco anos.

Enténdese por mensualidade a totalidade dos conceptos retributivos que o traballador percibise no mes, maila parte proporcional das retribucións de vencemento superior ó mes, é dicir, incentivo de ocupación e pagas extraordinarias.

Artigo 25º.-Dote por casamento.

O dote do persoal que contraia matrimonio consistirá no aboamento dunha mensualidade por cada ano de servicio, cun máximo de seis anos. Entenderase como salario o fixo que corresponda ó traballador pola súa categoría profesional, previsto neste convenio, máis, se é o caso, o complemento ad personam que substitúe ó sistema de antigüidade ó que, se é o caso, se engadirían os quinquenios.

Este dereito afectará unicamente ós traballadores que, ó contraeren matrimonio, rescindan o seu contrato de traballo.

Tanto o persoal masculino como o feminino que leve dous anos ó servicio da empresa e contraia matrimonio, continúe nela, percibirá en concepto de dote unha mensualidade de retribución determinada cos criterios sinalados no parágrafo primeiro deste artigo.

Se o dito persoal non permanecese un ano máis a partir da data do casamento, descontaráselle na liquidación que se lle practique a cantidade que percibise, en concepto de dote.

Artigo 26º.-Seguro colectivo de vida e incapacidade.

O Hostal de los Reyes Católicos concertará un seguro de vida que garanta á persoa ou persoas consignadas polo traballador na correspondente póliza, en caso de falecemento deste antes da idade de xubilación, un capital de 1.050.000 pesetas. Igualmente, este seguro garántelle ó traballador a entrega de capital por unha soa vez computando as prestacións da Seguridade Social en caso de que sexa declarado ó productor en estado de incapacidade permanente que determine a imposibilidade de traballar ou perda de emprego. A cifra sinalada permanecerá inalterable durante os tres anos de vixencia do convenio.

Artigo 27º.-Formación.

A formación profesional como dereito e deber dos traballadores encaixarase nas previsións que para tal fin se inclúen na planificación formativa do conxunto da empresa, sen prexuízo de específicas accións formativas para o Hostal de los Reyes Católicos.

Artigo 28º.-Xubilación.

Acórdase a xubilación obrigatoria ós sesenta e cinco anos de idade, sempre que o traballador teña cuberto o período de cotización que dá dereito a percibir da Seguridade Social, a pensión de xubilación.

Será de aplicación ós traballadores que desexen xubilarse ós 64 anos o previsto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, conforme o cal os haberes pasivos serán do cen por cento ó cumpri-los 65 anos.

Capítulo VI

Seguridade e hixiene no traballo

Artigo 29º

En cantas materias afecten a esta cuestión observarase o disposto na vixente normativa sobre prevención de riscos laborais e saúde laboral; á súa efectiva posta en práctica no Hostal de los Reyes Católicos comprométese pola empresa antes da culminación do exercicio 1996, coa participación sindical que, en tal aspecto, se prevé na referida lexislación.

Capítulo VII

Representación sindical

Artigo 30º.-Competencias do comité de empresa.

Expresamente, recoñéceselle ó comite de empresa as competencias establecidas no artigo 64 do Estatuto dos traballadores.

Trimestralmente facilitaráselle información sobre tódolos asuntos que teñan indidencia directa na situación dos traballadores.

Os membros de comité de empresa poderán acumula-las horas sindicais dos outros vocais deste sempre que conste autorización expresa destes.

As garantías recoñecidas ós membros do comité de empresa serán extensivas ó delegado de sección sindical que se designará nos termos previstos na Lei orgánica de liberdade sindical.

Entre as competencias do comité inclúese a de celebrar asembleas de traballadores, fóra da xornada de traballo, logo de comunicación á dirección do establecemento cunha entelación mínima de setenta e dúas horas á da súa celebración.

Capítulo VIII

Consolidación de categoría e traballos de categoría superior

Artigo 31º.-Consolidación de categoría.

Con efectos do 1 de xullo de 1996, aqueles traballadores respecto dos que resultase acreditada a realización de traballos de categoría superior durante un período de tempo superior a tres meses nun ano, consolidará esta e a retribución correspondente a excepción do complemento persoal, se é o caso. Desta regra excluiranse aqueles casos nos que se produza a necesaria substitución en caso de IT.

Artigo 32º.-Traballos de categoría superior.

Mentres tanto non se consolide a categoría superior efectivamente desempeñada, conforme o establecido no artigo anterior, cobraranse as diferencias salariais, a excepción, se é o caso, do complemento persoal e isto sempre que nas funcións do substituto non entre a de supli-lo substituido.

Artigo 33º.-Norma común á promoción automática e traballos de categoría superior.

Nos dous supostos enunciados no título deste artigo, o desempeño das funcións asumidas inclúe a realización das que son propias da categoría de procedencia.

Capítulo IX

Garantía do emprego

Artigo 34º

Durante a vixencia do presente convenio, a dirección da empresa comprométese a garanti-lo emprego dos traballadores fixos do Hostal de los Reyes Católicos agás que mediase causa legal suficiente que posibilitase afectar a aquel.

Capítulo X

Cláusulas de revisión salarial

Artigo 35º.-Revisión salarial para 1996 e 1997.

Para os ditos dous exercicios revisarase o incremento pactado para axustalo ó índice de prezos de consumo final real resultante en cada ano.

ANEXO

TÁBOAS SALARIAIS 1995

CategoríaNivelSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total

mensual

Xefe administración1131.56959.280190.849
Xefe recepción1131.56941.436173.005
Xefe comedor1131.56923.704155.273
Xefe cociña1131.56956.934188.503
Conserxe de 1ª1131.5690131.569
Xefe 1ª técnico1131.56928.510160.079
Gobernanta1131.56911.405142.974

2º Xefe recepción2118.41038.522156.932
2º Conserxe2118.41013.684132.094

CategoríaNivelSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total

mensual

2º Xefe cociña2118.41039.821158.231
2º Xefe comedor2118.41021.423139.833
Subgobernanta2118.4100118.410

Caixeiro xeral3110.51823.452133.970
Xefe sector3110.51819.142129.660
Conserxe noite3110.51811.405121.923
Reposteiro3110.51811.699122.217
Encargado economato3110.5189.123119.641
Encargado lencería3110.5180110.518
Encargado mostrador3110.5180110.518
Encargado traballos3110.5186.842117.360

Recepcionista4105.25213.433118.685
Camareiro4105.2525.009110.261
Dependente de 1ª4105.2520105.252
Oficial administrativo4105.25211.405116.657
Secretaria4105.25221.423126.675
Xefe de partida4105.25211.689116.941

ANEXO

TÁBOAS SALARIAIS 1995

CategoríaNivelSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total

mensual

Encargada limpeza594.729094.729
Auxiliar administrativa594.729094.729
Facturista594.729094.729
Telefonista594.729094.729
Cafeteiro594.72911.689106.418
Adeguero594.72921.870116.599
Oficial reposteiro594.72910.018104.747
Fontaneiro594.729094.729
Carpinteiro594.729094.729
Pintor594.729094.729
Electricista594.729094.729
Mecánico594.7296.842101.571
Mecánico frío594.7296.842101.571
Xardineiro594.729094.729

Axudante conserxe686.83412.46299.296
Axudante conserxe686.834086.834
Porteiro acceso686.834086.834
Cociñeiro686.83411.68998.523
Axudante camareiro686.834086.834
Camareiro de pisos686.834086.834
Dependente de 2ª686.834086.834

Conductor784.2037.98392.186
Axudante conciñeiro784.2039.18293.385
Axudante reposteiro784.2039.18284.203
Porteiro 2ª784.203084.203
Vixiante noite784.203084.203
Axudante cafeteiro784.2039.18293.385
Mozo economato784.2039.18293.385

ANEXO

TÁBOAS SALARIAIS 1995

CategoríaNivelSalario base

mensual

Complemento

mensual

Total

mensual

Mozo equipaxes882.886082.886
Marmitón882.8868.35091.236
Pinche882.8868.35091.236
Fregadora882.886089.566
Lencera882.886082.886
Peón882.8862.28185.167
Comis882.886082.886

Mozo de recados981.574081.574
Limpadora981.574081.574

A.T.S. (1/2 xornada)67.62219.97687.598

I. O complemento persoal sinalado nestas táboas aboarase sen incemento durante toda a vixencia do covneio, ós seus actuais preceptores con carácter exclusivo.

II. A liquidación de atrasos correspondente ó presente convenio para o exercicio de 1995 e os meses transcorridos de 1996 farase efectiva dentro do mes seguinte á data en que se teña coñecemento da resolución da autoridade laboral sobre homologación e inscrición do convenio no rexistro correspondente.

7549