Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 17 de outubro de 1996 Páx. 9.197

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 3 de setembro de 1996 pola que se aproba o Regulamento da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e do seu Consello Regulador.

Advertidos erros na Orde do 3 de setembro de 1996, pola que se aproba o Regulamento da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e do seu Consello Regulador (DOG nº 178, do 11 de setembro de 1996), cómpre face-las seguintes correccións:

-Disposicións derradeiras, parágrafo 1, liña 3, onde di: «dicta-las noras para o...», debe dicir: «dicta-las normas precisas para o...».

-Artigo 4, apartado d), parágrafo 4, onde di: «-Municipio de Sober: Rosende.», debe dicir: «-Municipio de Sober: Rosende e Anllo (Santo Estevo).».

-Artigo 4, apartado e), parágrafo 4, liña 2, onde di: «San Paio de Abeleda e Santa Tegra de Abeleda.», debe dicir: «San Paio de Abeleda, Santa Tegra de Abeleda e Tronceda.».

-Artigo 14.5, liña 2, onde di: «é voluntaria ó do mesmo...», debe dicir: «é voluntaria, do mesmo...».

-Artigo 14.5, liña 3, onde di: «... baixa nel; é necesario...», debe dicir: «... baixa nel; sendo necesario...».

-Artigo 45, apartado e), liña 1, onde di: «A indebida tenta,...», debe dicir: «A indebida tenza,...».

5290