Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 17 de outubro de 1996 Páx. 9.197

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 1996, da Dirección Xeral de Universidades e Investigación, pola que se fai pública a relación provisional de beneficiarios das accións de apoio económico ós estudiantes universitarios que se citan.

Rematado o proceso de selección dos beneficiarios das accións de apoio económico ós estudiantes universitarios, correspondentes ós anexos I, II, IV, V, VI e VII da Orde do 9 de maio de 1996 pola que se convocan as citadas accións, (DOG nº 100, do 22 de maio), procede, atendendo a proposta elaborada pola comisión avaliadora prevista no artigo 3 da devandita orde, facer pública a relación provisional de beneficiarios de conformidade coas respectivas bases.

En consecuencia, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Facer pública a relación provisional de beneficiarios das accións de apoio económico ós estudiantes universitarios convocadas pola Orde do 9 de maio de 1996, (DOG do 22 de maio), que a continuación se indica:

-Axudas a asociacións de estudiantes das universidades galegas,(anexo I).

-Axudas a estudiantes das universidades galegas para a realización de viaxes culturais de carácter pedagóxico,(anexo II).

-Axudas complementarias ás bolsas de carácter xeral de estudios universitarios convocadas polo MEC (curso 95/96), dirixidas a estudiantes con residencia en Galicia pero que realizan estudios de carácter oficial e validez nacional nas universidades públicas de fóra de Galicia, (anexo IV).

-Axudas de desprazamento para a realización de prácticas recoñecidas nos plans de estudios correspondentes ás titulacións autorizadas pola Xunta de Galicia nas universidades galegas, (anexo V).

-Financiamento de viaxes para estadías nalgún estado membro da U.E. co obxecto de coñece-la lingua dese país, (anexo VI).

-Axudas complementarias do programa de acción da U.E. de mobilidade de estudiantes (Sócrates-Erasmus), (anexo VII).

Segundo.-As ditas relacións provisionais estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, das súas delegacións provinciais, e dos vicerrectorados de estudiantes das tres universidades de Galicia.

Terceiro.-Contra esta resolución poderase formular reclamación no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. A reclamación presentarase no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 1996.

José Manuel Touriñán López

Director xeral de Universidades e Investigación

9607417