Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 17 de outubro de 1996 Páx. 9.198

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 1996, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector de mármores e pedras.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector de mármores e pedras, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 2-7-1996, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Materiais para a Construcción (Sección Mármores e Pedras), e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG en data 1-7-1996. De conformidade co dispsoto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado a Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no Libro de Rexistro de Convenios Colectivos de Traballo, nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións econica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 4 de xullo de 1996.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo provincial para o sector de mármores e pedras para o ano 1996 de Pontevedra

Artigo 1º.-Partes signatarias.

Son partes signatarios do presente convenio, dunha parte as centrais sindicais CC.OO. UGT e CIG, como representación laboral, e doutra parte a Asociación Provincial de Materiais para a Construcción (Sección de Mármores e Pedras), en representación empresarial.

Ambas recoñécense mutuamente lexitimación para negocia-lo presente convenio.

Artigo 2º.-Eficacia e alcance obrigacional.

Dada a natureza normativa e eficacia xeral, que lle vén dada polo disposto no artigo 3 do Estatuto dos traballadores e pola representatividade das organizacións asiantes, o presente convenio obrigará a todo o persoal que prestando os seus servicios nos centros de traballo establecidos ou que se establezan na provincia

de Pontevedra, estea contratado polas empresas e comprendidas dentro dos seus ámbitos funcional, persoal e territorial.

(Redactado segundo o artigo 2 do convenio colectivo xeral da construcción CXC).

Artigo 3º.-Ámbito funcional.

O presente convenio colectivo será de aplicación a todo o persoal que prestando os seus servicios nos centros de traballo establecidos ou que se establezan na provincia de Pontevedra, estea contratado polas empresas que se adiquen ás actividades de pedra e mármore, incluíndo as fábricas e talleres de serra e labra, tanto mecánica como manual, de acordo co estipulado no anexo II do convenio-xeral da construcción, apartado a). Segundo o artigo 13 do convenio colectivo xeral da construcción.

Artigo 4º.-Vixencia.

O presente convenio colectivo entrará en vigor ós 30 días da súa sinatura. Non obstante as táboas salariais terán efectos desde o día 1 de xaneiro de 1996.

Artigo 5º.-Procedemento de denuncia.

Para dar cumprimento ó previsto no artigo 85.2º c) do Estatuto dos traballadores, as partes signatarias fan constar expresamente que o presente convenio non precisa denuncia previa para a súa total extinción o 31 de decembro de 1996.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras contidas no presente convenio establécense co carácter de mínimas. Os pactos ou situacións existentes en calquera empresa que impliquen condicións máis beneficiosas respecto das pactadas serán respectadas.

As condicións máis beneficiosas que, con carácter colectivo, estean recoñecidas en convenios colectivos de ámbito inferior e anteriores ó convenio xeral da construcción manteranse ata o vencemento dos ditos convenios. Unha vez producido este vencemento, as materias negociadas neste convenio xeral rexeranse polo disposto que, aprecidado no seu conxunto e sendo posterior, considérase norma máis favorable polas representaciósn asiantes.

(Redactado segundo artigo 19 C.X.C.)

Artigo 7º.-Comisión paritaria.

Establécese unha comisión paritaria con facultades para interpreta-lo contido do convenio a cal estará composta por tres vocais titulares e un suplente por cada unha das representacións que tomaran parte na negociación do convenio. Unha e outra poderán dotarse de asesores.

Artigo 8º.-Probas de aptitude.

1. As empresas, previamente ó ingreso, poderán realizar ós interesados as probas de selección, prácticas e psicotécnicas que consideren necesarias para lles comprobar se o seu grao de aptitude e a súa preparación son as adecuadas á categoría profesional e posto de traballo que vaian desempeñar.

2. O traballador, con independencia da súa categoría profesional, antes da súa admisión na empresa, será sometido a un recoñecemento médico, segundo se establece no artigo seguinte.

3. Unha vez considerado apto, o traballador contratado deberá ser inscrito no libro de matrícula do centro de traballo correspondente, debendo achegar para iso a documentación necesaria e asinando nel.

(Redactado segundo o artigo 24 C.X.C.)

Artigo 9º.-Recoñecementos médicos.

Tódalas empresas están obrigadas a solicitar das mutuas patronais un recoñecemento médico anual para os traballadores que presten os seus servicios nas empresas do sector, que será complementado cun segundo recoñecemento anual restrinxido á prevención de silicoses, non alcanzando esta obriga a tódalas empresas que leven a efecto o dito recoñecemento polso seus propios medios ou a través dunha entidade aseguradora.

Os resultados serán facilitados inmediatamente ó traballador afectado cando o solicite.

Artigo 10º.-Contratación.

a) Contrato para traballo fixo de obra.

É o contrato que ten por obxecto a realización dunha obra ou traballo determinados e formalizarase sempre por escrito.

A duración do contrato e o cesamento do traballador axustaranse a algún destes supostos:

Primeiro.-Con carácter xeral, o contrato é para unha soa obra, con independencia da súa duración e terminará cando finalicen os traballos do oficio e categoría do traballdor na dita obra.

O cesamento dos traballadores deberá producirse cando a realización paulativa das correspondentes unidades de obra fagan innecesario o número dos contratados para a súa execución, debendo reducirse este de acordo coa diminución real do volume de obra realizada.

O cesamento dos traballadores fixos de obra por terminación dos traballos do seu oficio e categoría, deberá comunicárselle por escrito ó traballador cunha antelación de quince días naturais. Non obstante, o empresario poderá substituír este aviso por unha indemnización equivalente á cantidade correspondente ós días de aviso omitidos, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio, todo iso sen prexuízo da notificación escrita do cesamento. A citada indemnización deberá incluírse no recibo de salarios coa liquidación correspondente ó cesamento.

Segundo.-Non obstante o anterior, logo do acordo entre as partes o persoal fixo de obra poderá prestar servicios a unha mesma empresa e en distintos centros de traballo dunha mesma provincia durante un período máximo de tres anos consecutivos sen perde-la dita condición e devengando os conceptos compensatorios que correspondan polos seus desprazamentos.

Neste suposto, a empresa deberá comunicar por escrito o cesamento do traballador antes de cumprirse o período máximo de tres anos fixados no parágrafo anterior, cum

prindo o período máximo de tres anos, se non mediase comunciación escrita do cesamento, o traballador adquirirá a condición de fixo. En canto ó aviso do cesamento rexerá o pactado no suposto primeiro.

Terceiro.-Se se producise a paralización temporal dunha obra por causa imprevisible para o empresario principal e allea a súa vontade, trala empresa dar conta á representación dos traballadores do centro ou, no seu defecto, á comisión paritaria provincial, operarán a terminación de obra e cesamento previstos no suposto primeiro. A representación dos traballadores do centro ou no seu defecto, a comisión paritaria, disporá, se é o caso, dun prazo máximo improrrogable dunha semana para a súa constatación a contar desde a notificación. O empresario contrae tamén a obriga de ofrecer de novo un emprego ó traballador cando as causas de paralización da obra desapareceran. A dita obriga entenderase extinguida cando a paralización se converta en definitiva. Logo de acordo entre as partes, o persoal afectado por esta terminación de obra poderá incluirse no regulado no suposto segundo.

Este suposto non poderá ser de aplicación en casos de paralización por conflicto laboral.

Nos supostos primeiro, segundo e terceiro establécese unha indemnización por cesamento do 4,5% calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio devengados durante a vixencia do contrato.

b) Outras modalidades de contratación.

Os traballadores que formalicen outros contratos dos regulados no Real decreto 2546/1994 e a Lei 42/1994, ou normas que os substitúan terán dereito, unha vez finalizado o contrato correspondente por expiración do tempo convido, a percibir unha indemnización por conclusión do 7% se a duración fora inferior a 181 días e do 4,5% se a duración fora igual ou superior a 181 días, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio aplicables devengados durante a vixencia do contrato.

Estes contratos formaliaranse sempre por escrito.

(Redactado segundo artículos 29 e 30 C.X.C.)

Artigo 11º.-Contratos de duración determinada do artigo 15.1º b) E.T.T.

1. Cando o contrato de duración determinada previsto no apartado 1º b) do artigo 15 do Estatuto dos traballadores se concerte para cubrir postos en centros de traballo que non teñan a consideración de obra, nese suposto, a duración máxima do contrato poderá ser de doce meses dentro de un período de dezaoito meses.

No caso de que se concerten por un período inferior a doce meses poderán ser prorrogados mediante acordo das partes, sen que a duración total do contrato poida exceder do dito límite máximo. O período de dezaoito meses computarase a partir da data da causa ou circunstancia que xustifique a súa utilización.

2. A indemnización por conclusión destes contratos será a prevista no artigo 30 do vixente convenio xeral do sector da construcción.

Artigo 12º.-Procedemento de ascensos.

Os ascensos suxeitaranse ó réxime seguinte:

1. O ascenso dos traballadores a tarefas ou postos de traballo que impliquen un mando ou especial confianza, serán de libre designación e revogación polas empresas.

2. Para ascender, cando proceda, a unha categoría profesional superior, serán establecidos pola empresa sistemas de carácter obxectivo; podendo tomar como referencia, entre outras, as seguintes circunstancias:

a) Titulación adecuada.

b) Coñecemento do posto de traballo.

c) Historial profesional.

d) Ter desempeñado funcións de superior categoría.

e) Superar satisfactoriamente probas que se propoñan, as cales deberán se-las adecuadas ó posto de traballo que se vaia desempeñar.

(Redactado segundo artigo 54 C.X.C.)

Artigo 13º.-Retribucións salariais.

Aplicarase un incremento económico do 3,95% sobre os conceptos de salario base, gratificacións extraordinarias, pluses salariais e extrasalariais.

No suposto de que o incremento anual do IPC ó 31 de decembro de 1996, rexistre un incremento superior ó 3,95% efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a dita porcentaxe afectando ós conceptos previstos no apartado a) deste artigo.

A revisión levarase a cabo unha vez que se constate oficialmente polo INE O IPC real de 1996, e cando proceda, aboarase con efectos do primeiro de xaneiro do dito ano. Tal revisión, calculada sobre os importes e as cuantías dos conceptos de 1995, servirá de base para o incremento de 1997.

(Redactado segundo artigo 5 do acordo sectorial nacional para a construcción).

Artigo 14º.-Antigüidade.

Ata que non se estableza o sistema de permanencia no sector, prevista no convenio xeral da construcción, a antigüidade farase efectiva a base de calcula-los bienios a razón do 5%, e os quinquenios ó 10% sobre os salarios base de cada categoría profesional, ata o tope máximo do 50% do salario base de cada categoría. Respectarase calquera situación actual máis beneficiosa.

Artigo 15º.-Gratificacións extraordinarias.

1. O traballador terá dereito exclusivamente a dúas gratificacións extraordinarias ó ano, que se aboarán nos meses de xuño e decembro, antes dos días 30 e 20 de cada un deles, respectivamente.

2. Ditas pagas extraordinarias non se devangarán mentres dure calquera das causas de suspensión de contrato previstas no artigo 45 do Estatuto dos traballadores.

3. A contía das pagas extraordinarias de xuño e decembro será igual a unha mensualidade da táboa de salarios anexa a este convenio, máis a antigüidade se é o caso, calculada na forma prevista no artigo 14.

(Redactado segundo artigo 61 do C.X.C.)

Artigo 16º.-Premio de puntualidade e asistencia.

Establécese un premio de puntualidade e asistencia para todo o persoal afectado polo presente convenio.

O dito premio consitirá nunha cantidade mensual de 5.414 ptas., e a súa percepción estará suxeita ás seguintes regras:

1. Entenderase por falta de puntualidade, cando o traballador non estea no seu posto de traballo ou tarefa, no momento de comenza-la xornada laboral. Tamén se considerará falta de puntualidade a súa incorporación ata 30 minutos despois de iniciada a mencionada xornada de traballo.

2. Nos supostos anteriores, o traballador perderá o 5% do premio de puntualidade e asistencia por cada un dos retrasos.

3. Se a incorporación do traballador se produce despois dos primeiros 30 minutos de comezada a xornada laboral, considerarase como falta de asistencia de media xornada, perdéndose o 10% do permio cada vez que se produza a dita falta.

4. A falta de asistencia dunha xornada de traballo, ocasionará a perda do 25% do premio.

5. As licencias establecidas no presente convenio provincial, convenio xeral da construcción e Estatuto dos traballadores non será consideradas como falta de puntualidade e asistencia.

Artigo 17º.-Incentivos.

As empresas afectadas por este covenio, con exclusión dos talleres de mármores que non teñan teares nin máquinas cortabloques, aboarán ós seus traballadores de fábrica ou taller un incentivo por cada día de traballo efectivo de 8 horas ou proporcional de 445 ptas. por día de traballo efectivo ou proporcional. Nos talleres de mármores indicados o incentivo será de 90 ptas. por día de traballo efectivo ou proporcional.

As empresas que teñan establecido ou establezan no futuro sistemas de medidas da productividade de conformidade coas disposicións legais vixentes, garantirán que os seus traballadores poidan alcanzar como minimo a cantidade sinalda no parágrafo anterior á actividade de 70 ou 120 segundo sistema.

Artigo 18º.-Transporte.

Establécese un plus de locomoción ou transporte que se percibirá con independencia do medio empregado polo traballador para o seu desprazamento, incluso cando utilice medios de transporte propios da empresa, en cuantía de 632 ptas. por día de traballo efectivo.

As sumas percibidas por este concepto non terá a consideración de salario para ningún efecto, polo que non se computará para o cálculo da antigüidade, gratificacións extraordinarias, etc.

Artigo 19º.-Traballo en alturas.

Aqueles traballadores que executen os seus labores a cinco ou máis metros de altura sobre o baleiro, terán dereito a que se lles aboe o correspondente plus de altura.

Artigo 20º.-Traballos nocturnos.

O persoal que traballe entre as vintedúas horas e as seis da mañá percibirá un plus de traballo nocturno equivalente ó 25 por cento do salario base da sua categoría. Respectaranse as condicións máis beneficiosas.

Se o tempo traballado no período nocturno fose inferior a catro horas, aboarase o plus sobre o tempo traballado efectivamente. Se as horas nocturnas exceden de catro, aboarase o complemento correspondente a toda a xornada traballada.

Cando existan dúas quendas e en calquer delas se traballe soamente unha hora do período nocturno, non será aboada esta con complemento de nocturnidade.

(Redactados segundo artigo 64 do C.X.C.)

Artigo 21º.-Retribución das horas extraordinarias.

Cada hora de traballo que se realice sobre a duración máxima da semana ordinaria de traballo, aboarase cun incremento do 75% sobre o salario que lle correspondería a cada hora ordinaria. As horas extras realizadas en sábado ou domingo e festivos, o incremento será do 85%.

As empresas, sempre e cando non se perturbe o normal proceso productivo, poderán compensa-la retribución das horas extraordinarias por tempo equivalente de descanso.

No suposto de que se realizar a compensación prevista no parágrafo anterior, as horas extraordinarias compensadas non se computarán para os efectos dos límites fixados para estas no apartado 2º do artigo 68 do convenio xeral.

Artigo 22º.-Complemento de prestación de ILT.

En caso de baixa hospitalaria, as empresas complementarán os traballadores afectados a prestación econica por incapacidade laboral transitoria que por enfermidade común ou accidente laboral aboe a Seguridade Social ou mutua patronal, ata chegar ó 100 por 100 da base de cotización que corresponda en cada caso:

a) Mentras dure a permanencia no centro hospitalario.

b) En caso de que, finalizada ésta, se lle prescriba unha convalecencia domiciliaria, ampliaráselle a trinta (30) días máis.

c) En ámbolos casos conxuntamente, a duración máxima deste dereito será de cen (100) días.

d) As ditas circunstancias acreditaranse documentalmente.

No caso de accidente laboral producido no centro de traballo, aboarase un complemento de 937 ptas. por día a partir do décimo quinto día de producida a baixa.

Artigo 23º.-Indemnización.

Estalbécense as seguintes indemnizacións para tódolos traballadores afectados por este convenio:

a) En caso de morte derivada de enfermidade común ou accidente non laboral, o importe dunha mensualidade de tódolos conceptos das táboas do convenio aplicable, vixentes en cada momento.

b) En caso de morte, incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez, derivadas de accidente de traballo ou efermidade profesional: 4.500.000 ptas.

Para os demais casos de invalidez, a indemnización será proporcional.

Nos supostos de morte, as indemnizacións establecidas aboaranse á viúva ou beneficiarios do traballador, segundo as normas da Seguridade Social.

(Redactado segundo artigo 709 C.X.C.)

Artigo 24º.-Xornada.

1. A xornada ordinaria de traballo será de 40 horas semanais de traballo efectivo, de luns a venres, en xornada partida e 40 ho ras semanais de traballo efectivo en xornada continuada.

2. A xornada ordinaria anual durante 1996 será de 1.768 horas.

3. Para adaptar a xornada ás 1.768 horas acordadas para o ano 1996, os días 26 de xullo, 14 de agosto, 16 de setembro, 11 e 31 de outubro, e 23, 24 e 31 de decembro, terán consideración de descanso retribuído. Se algún destes días coincidise con festa local, será substituído polo día laborable inmediatemaente anterior.

De común acordo entre empresarios e a representación dos traballadores, poderán modificarse os días de compensación.

4. Na sección de serradeiros de bloques, realizaranse tres quendas rotatorios, de acordo coa legalidade vixente.

5. Nas demais seccións, sempre que se estea facendo xornada partida, pdoerá cambiarse a quendas de mañá e tarde por períodos de tempo determinados, logo de información ós representantes sindicais e de acordo co persoal afectado.

6. O persoal técnico e administrativo, desfrutará de xornada continuada desde o 1º de xuño ó 15 de setembro, garatíndose os servicios mínimos de cada empresa mediante quendas deste persoal a xornada partida.

7. En cada centro de traballo, a empresa exporá en lugar visible o calendario laboral pactado a nivel de convenio ou o pactado no propio centro de traballo.

Artigo 25º.-Vacacións.

1. O persoal afectado polo presente convenio, sexa cal sexa a súa modalidade de contratación laboral, terá dereito ó desfrute dun período de vacacións anuais retribuídas de trinta días naturais de duración, dos cales polo menos 21, durante o ano 1996, serán laborables, inciándose en calquera caso, o seu desdrute, en día laborable.

2. As vacacións desfrutaranse por anos naturais. O primeiro ano de prestación de servicios na empresa só se terá dereito o desfrute da parte proporcional correspondente ó tempo realmente traballado durante o dito ano.

3. O dereito a vacacións non é susceptible de compensación econica. Non obstante, o persoal que cesando no transcurso do ano, terá dereito ó abamento do salario

correspondente á parte de vacacións devengadas e non desfrutadas, como concepto integrante da liquidación por baixa na empresa.

4. Para efectos do devengo de vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado, o correspondente á situacion de incapacidade laboral transitoria, sexa cal fose a súa causa. Non obstante, dado que o dereito ó desfrute de vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase o mesmo se ó vencemento deste o trabalaldor continuase de baixa, aínda que manterá dereito a perbibi-la diferencia entre a retribución de vacacións e a prestación de ILT.

5. Unha vez iniciado o desfrute do período regulamentario de vacacións, se sobreveén a situación de incapacidade laboral transitoria, a duración computarase como días de vacacións sen prexuízo do dereito do traballador a percibi-la diferencia entre a retribución correspondente a vacacións e a prestación de ILT.

6. O desfrute das vacacions, como norma xeral e salvo pacto en contrario, terá carácter ininterrompido.

7. A retribución das vacacións consistirá na cantidade fixa establecida na táboa salarial anexa, máis antigüidade se é o caso, calculada na forma prevista no artigo 14º do presente convenio, podendo aboarse así mesmo de acordo co establecido na disposición transitoria segunda do convenio xeral da construcción.

A dita táboa anexa é o resultado da suma de once mensualidades de salario, máis vacacións e dividido todo entre doce.

(Redactado segundo artigo 76 C.X.C.)

Artigo 26º.-Permisos e licencias.

O traballador, logo de aviso de polo menos corenta e oito horas, salvo acreditada urxencia, e xustificacion, posterior, atópase facultado para ausentarse do traballo, mantendo o dereito á percepción de todos aqueles conceptos retributivos que non se atopen vinculados de forma expresa á prestación efectiva da actividade laboral, por algún dos motivos e o tempo seguinte:

a) Matrimonio do traballador: 15 días naturais.

b) Matrimonio de fillos ou irmáns: 1 día natural. Se se produce forá da provincia onde o traballador/a ten o seu centro de traballo: 2 días naturais.

c) Enfermidade grave do cónxuxe ou compañeiro/a se é o caso, pais, ou fillos/as: 6 días naturais. Forá da provincia: 7 días naturais.

d) Enfermidade grave de irmáns: 2 días naturais.

e) Maternidade da esposa (ou compañeira se é o caso): 6 días naturais.

f) Morte do cónxuxe (ou compañeiro/a se é o caso) pais ou fillos: 4 días naturais.

g) Morte de avós, netos, irmáns, pais políticos ou fillos políticos: 2 días naturais.

h) Morte de irmáns/ás políticos, tíos/as, e tíos/as políticos: 1 día natural.

i) Traslado de domicilio habitual: 3 días naturais.

Fóra da provincia: 5 días naturais.

Artigo 27º.-Axudas de custo.

A cuantía das axudas de custo será a seguinte:

Axuda de custo completa: 2.931 ptas.

Axuda de custo media: 1.162 ptas.

Artigo 28º.-Xubilación.

Recoñécese tres clases distintas de xubilación.

a) Xubilación voluntaria anticipada.

1. Os traballadores que fixesen sesenta e tres anos, e non teñan sesenta e cinco cando soliciten a xubilación, e esta sexa posible, terán dereito á percepción das indemnizacións económicas que se establecen a continación en función da idade do traballador e dos seus anos de antigüidade na empresa:

Antigüidade na empresaIdadeMeses de indemnización

02 a 05 anos6302 meses

06 a 10 anos6303 meses

11 a 10 anos6304 meses

21 a 30 anos6305 meses

Máis de 30 anos6306 meses

02 a 05 anos6401 meses

06 a 10 anos6402 meses

11 a 20 anos6403 meses

21 a 30 anos6404 meses

Máis de 30 anos6405 meses

As cifras da columna da dereita indican o número total de meses de salario en que se cuantifica a indemnización.

O salario mensual refírese á xornada normal, excluíndo, se é o caso, as horas extrarodinarias.

2. Os requisitos necesarios para que naza tal dereito son os seguintes.

a) Que se efectúe de mutuo acordo entre a empresa e o traballador xubilable.

O acordo reflectirase por escrito, establecendo calramente a cantidade que corresponde en concepto de indemnización, conforme a táboa anterior.

b) Que o traballador leve dous anos, como mínimo, de servicio ininterrompido na empresa obrigada ó pagamento da indemnización, no momento de solicita-la xubilación anticipada.

3. A xubilación voluntaria anticipada, nos termos establecidos e coa indemnización que proceda, en todo caso, segundo a táboa anterior, comprometerá ó empresario a dar ocupación a outro traballador polo tempo estricto que faltase ó xubilable para cumpri-los sesenta e cinco anos. A contratación do traballador substituto deberá facerse conforme a unha das modalidades de contratación temporal ou eventual previstas, en cada moe

mento, pola lexislación vixente, e á súa vez, cos seguinte condicionamentos:

a) Que non exista na empresa persoal fixo de cadro dispoñible, en expectativa de destino ou realizando outras funcións distintas ás da súa categoría laboral, para cubri-la vacante producida.

O acordo da empresa e o traballador xubilable deberá ser comunicado de inmediato, se é o caso, ó representantes dos traballadores no seo da empresa ou centro de traballo correspondente.

b) A contratación do traballador substituído farase para o posto e categoría profesional máis acorde coas necesidades da empresa, deixando a salvo as expectativas de promoción dos restantes traballadores da empresa de que se trata.

4. No caso de que a indemnización pactada entre a empresa e traballador xubilable fose superior á enteiramente establecida, a duración do contrato temporal ou eventual do traballador substituído poderá reducirse en tantos meses cantas mensualidades de máis se aboen en concepto de indemnización.

b) Xubilación anticipada ós 64 anos como medida de fomento de emprego.

Rexerá o disposto ó respecto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo.

c) Xubilación forzosa.

Como política de fomento de emprego e por necesidades do mercado de traballo no sector e con independencia das dúas clases de xubilación a que se refiren os apartados inmediatamente anteriores, establécese a xubilación forzosa ós sesenta e cinco anos de idade, salbo pacto individual en contrario, dos traballadores que teñan cuberto o período mínimo legal de carencia para obtela.

Aqueles traballadores que se xubilen ós 65 anos de idade, con unha antigüidade na empresa superior ós 10 anos e inferior a 30, percibirán un premio de xubilación consistente en dúas mensualidades, que se incrementará a dúas mensualidades e media cando a antigüidade sexa superior a 30 anos.

A xubilación ós 64 anos segundo establece o Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, concece idénticos dereitos se é o caso.

Artigo 29º.-Roupas de traballo.

As empresas facilitarán roupas de traballo ó persoal segundo se especifique para cada sección e das que a duración mínima será a que se sinala en cada caso:

Pezas de roupaParque

bloques

e teares

Serradeiros

e pulidoras

Cortadoras

e acabados

Servicios

auxiliares

Fundas e traxes4 meses4 meses4 meses4 meses

Mandís4 meses4 meses4 meses

Botas4 meses4 meses4 meses4 meses

Luvas1 meses1 meses1 meses1 meses

Zocos12 meses12 meses12 meses

Por cada peza de roupa non entregada nos prazos sinalados, o traballador poderá reclamar á empresa, e esta aboará as seguintes cantidades:

-Funda ou traxes: 4.642 ptas.-Mandís: 2.324 ptas.-Botas: 1.857 ptas.-Luvas: 919 ptas.-Zocos: 3.707 ptas.

A entrega das botas excluirá a dos zocos e viceversa.

Artigo 30º.-Pluriemprego.

As partes asinantes deste convenio consideren conveniente como regra xeral erradica-lo pluriemprego. A efectos estiman consideran necesario que se apliquen co máximo rigor as sancións previstas na lexislación vixente nos casos de traballadores non dados de alta na Seguridade Social por estar xa afiliados a outra empresa.

Para coadxuvar ó obxectivo de controla-lo pluriemprego considerarase esencial o cumprimento exacto do requisito de dar a coñecer ós representantes legais dos traballadores e á súa solicitude, os boletíns de cotización á Seguridade Social así como os modelos de contrato de traballo escrito que se utilicen na empresa e os documentos relativos á terminación da relación laboral, conforme dispón o artigo 64º.1.5 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 31.-Solución extraxudicial de conflictos laborais.

As partes asinantes asumen o contido do acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflictos de traballo (AGA), publicado no DOG do 8 de abril de 1992, que desenvolverá os seus efectos nos ámbitos do presente convenio, co alcance previsto no propio AGA.

Disposicións adicionais

Primeira.-O presente convenio colectivo será redacto nas dúas linguas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia e publicado na mesma forma no BOP.

Segunda.-Ámbalas representacións, empresarial e social, integrantes da comisión negociadora do convenio colectivo de traballo para o sector de mármores e pedras, manifestan expresamente o acordo de que se por resolución da Administración ou, se é o caso, da xurisdicción competente, se declarase a non aplicación obrigatoria do convenio xeral da construcción, publicado no BOE do 20 de maio de 1992, ó sector de mármores e pedras da provincia de Pontevedra, resulten nulos e sen aplicación os artigos do citado convenio xeral da construcción así como do acordo sectorial nacional, trasladados ó texto do convenio colectivo provincial antes mencionado.

Táboa de salarios 1996 (incremento 3,95% S/95)

CategoríasSalario basePagas Ext. Vac.Plus asistenciaIncentivoPlus transporte

Persoal técnico medio
Arquitectos e Enxe. técnicos117.546169.1105.414632
Profesor Mercant. técnicos
Titulados, graduados sociais117.546169.1105.414632
Axudante Téc. sanitario mestres
de ensinanza, mestres Ind.113.762163.8515.414632

Administrativos
Xefe de primeira115.059165.6535.414632
Xefe de segunda103.166149.1225.414632
Oficial de primeira95.440138.3835.414632
Oficial de segunda87.725127.6595.414632
Auxiliares telefonistas82.803120.8155.414632
Aspirantes64.68095.6275.414632

Técnicos non titulados
Encargado xeral109.699159.7045.414632
Delineante superior103.166149.1225.414632
Delineante de primeira95.440138.3835.414632
Delineante de segunda89.743130.4635.414632
Calcador82.803120.8155.414632

Subalternos
Ordena. porteiro garda Xur.82.908120.9635.414632
Persoal de limpeza82.908120.9635.414632
Xefe de almacén82.908120.9635.414632
Mozo 16 anos56.23183.8825.414632
Mozo 17 anos61.14890.7155.414632
Almaceneiro82.908120.9635.414632

Operarios
Encargado obra/xefe taller3.0884.6055.414445632
Capataz/capataz de cuadril2.9834.4585.414445632
Contramestre2.9314.3875.414445632
Oficial de primeira2.9094.3585.414445632
Oficial de segunda2.8544.2805.414445632
Oficial de terceira axudante2.8064.2125.414445632
Peón especialista2.7794.1755.414445632
Peón2.7794.1575.414445632
Aprendiz ou pinche 16 anos1.9873.0745.414445632
Aprendiz ou pinche 17 anos2.0313.1365.414445632

Táboa de salarios 1996 (incremento 3,95% S/95).Marmorerías

CategoríasSalario basePagas Ext. Vac.Plus asistenciaIncentivoPlus transporte

Persoal técnico medio
Arquitectos e Enxe. técnicos117.546169.1105.414632
Profesor Mercant. técnicos
Titulados, graduados sociais117.546169.1105.414632
Axudante Téc. sanitario mestres
de ensinanza, mestres Ind.113.762163.8515.414632

Administrativos
Xefe de primeira115.059165.6535.414632
Xefe de segunda103.166149.1225.414632
Oficial de primeira95.440138.3835.414632
Oficial de segunda87.725127.6595.414632
Auxiliares telefonistas82.803120.8155.414632
Aspirantes64.68095.6275.414632

Técnicos non titulados
Encargado xeral109.699159.7045.414632
Delineante superior103.166149.1225.414632
Delineante de primeira95.440138.3835.414632
Delineante de segunda89.743130.4635.414632
Calcador82.803120.8155.414632

CategoríasSalario basePagas Ext. Vac.Plus asistenciaIncentivoPlus transporte

Subalternos
Ordena. porteiro garda Xur.82.908120.9635.414632
Persoal de limpeza82.908120.9635.414632
Xefe de almacén82.908120.9635.414632
Mozo 16 anos56.23183.8825.414632
Mozo 17 anos61.14890.7155.414632
Almaceneiro82.908120.9635.414632

Operarios
Encargado obra/xefe taller3.0884.5085.41490632
Capataz/capataz de cuadril2.9834.3615.41490632
Contramestre2.9314.2905.41490632
Oficial de primeira2.9094.2595.41490632
Oficial de segunda2.8544.1835.41490632
Oficial de terceira axudante2.8064.1165.41490632
Peón especialista2.7794.0795.41490632
Peón2.7664.0595.41490632
Aprendiz ou pinche 16 anos1.9872.9765.41490632
Aprendiz ou pinche 17 anos2.0313.0395.41490632

9605513