Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 16 de outubro de 1996 Páx. 9.184

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (433/1993).

O secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, Lorenzo Villapando Lucas, fai saber que nos autos que a seguir se dirán consta dictada a

sentencia, cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela, catro de xullo de mil novecentos noventa e seis. Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo executivo nº 433/1993, sobre póliza de crédito, sendo parte demandante a entidade Caja Postal, S.A., baixo a representación procesual do procurador García-Piccoli Atanes, e coa defensa letrada de José Mª Costa Puñal, aparecendo como parte demandada Ana María Sánchez-Brunete Alija, Enrique Montero Torreiro, maiores de idade e en situación procesual de rebeldía, Concepción Sánchez-Brunete Alija e Isaac Miguel Rosón Ferreiro, maiores de idade, baixo a representación procesual da procuradora Losada Gómez e coa defensa letrada de José Antonio Suárez Espiñeira.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos).

Decido que, desestimando a excepción alegada pola parte demandada, debo desestimar e estimo a demanda interposta pola entidade Caja Postal, S.A., mandando segui-la execución cara a adiante ata facer remate dos bens embargados e dos que no sucesivo se lles poidan embargar a Ana María Sánchez-Brunete Alija, Enrique Montero Torreiro, Concepción Sánchez-Brunete Alija e Isaac Miguel Rosón Ferreiro, e co seu producto facer cumprido pagamento á demandante da suma reclamada como principal, por importe de 273.904 ptas. mailos xuros legais das ditas sumas, con expresa imposición de custas á demandada.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E expido o presente edicto para que lle sirva de notificación en legal forma á parte demandada, que se atopa en ignorado paradoiro.

Dado en Santiago de Compostela o catro de setembro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

96-6848