Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 16 de outubro de 1996 Páx. 9.184

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (275/1994).

En autos de executivo nº 275/1994, seguidos por instancia do Banco Bilbao Vizcaya, S.A., contra Ignacio Varela Couselo, Manuel A. Varela Couselo e Mª del Mar Garabal Merelas, dictouse o seguinte auto:

«En Santiago de Compostela, dous de setembro de mil novecentos noventa e seis.

Os anteriores escritos presentados polo procurador García-Piccoli Atanes xúntense ós autos da súa razón.

Feitos:

Primeiro.-Nos presentes autos de xuízo executivo nº 234/1995, mediante dilixencia con data 16 de novembro de 1995 e 27 de decembro de 1995, embargáronselles ós demandados nos presentes autos, Ignacio Varela Couselo, Manuel Ángel Varela Couselo e Mª del Mar Garabal Merelas, os bens que nela se describen, e presentou a parte demandante, posteriormente, un escrito no que solicitaba mellora de embargo da parte proporcional do soldo que percibe Ignacio Varela Couselo da empresa Clenplam, S.A. e o dereito de traspaso, maquinarias

e existencias dos locais de negocio sitos en Agra de Bragua, 50 e Espírito Santo, 47, de Santiago de Compostela, a nome de Mª del Pilar Garabal Merelas e Manuel A. Varela Couselo, por considerar que os bens embargados no seu momento poden ser insuficientes para responder do reclamado.

Razoamentos xurídicos:

Único.-Examinadas as circunstancias que concorren no presente caso, conforme o disposto no artigo 1455 da Lei de axuízamento civil, debe considerarse procedente a mellora do embargo solicitada, xa que pode dubidarse fundadamente da suficiencia dos bens embargados para cubrir principal, xuros e custas.

Visto o artigo citado e demais de pertinente e xeral aplicación, eu, Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza deste Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dispoño que debía acordar e acordaba a mellora de embargo solicitada da parte proporcional do soldo que percibe Ignacio Varela Couselo da empresa Clenplam, S.A. e do dereito de traspaso, maquinarias e existencias nos locais de negocio sitos en Agra de Bragua, 50 e en Espírito Santo, 47, de Santiago de Compostela, a nome de Mª del Carmen Garabal Merelas e Manuel A. Varela Couselo. Notifíqueselles ós demandados a través da oficina de notificacións e embargos desta cidade e do Diario Oficial de Galicia.

Tense por designado pola parte demandante como depositario de vehículo marca Ford Escort Orion 1.8 D, matrícula C-9287-AX a Juan Otegui Mández, a quen se lle fará saber esta designación en legal forma, para efectos de aceptación do cargo. Unha vez conste a dita aceptación, acordarase respecto á entrega do dito vehículo.

Así, por este auto, dispóñoo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de citación ó demandado Ignacio Varela Couselo, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido a presente cédula, que asino e selo en Santiago de Compostela o dous de setembro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario xudicial

Rubricado

9606679