Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 16 de outubro de 1996 Páx. 9.185

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (20/1994).

Alicia Mansilla Pérez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, fai saber que neste

xulgado se seguen autos de xuízo executivo nº 20/94, por instancia do procurador Carmen Losada Gómez en representación de Caixa de Aforros de Galicia contra Domingo Padrón Chao, Carmen Varela Méndez, Antonio Varela Gómez, María Méndez Santamaría sobre reclamación de cantidade, e nas actuacións acordouse sacar á venda en primeira e pública poxa, por termo de vinte días e logo de valoración por perito, os bens embargados que ó final se describen.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado o día once de novembro de 1996 ás 9.30 horas, de conformidade coas seguintes condicións:

1. O tipo do remate será de 5.850.000 pts. sen que se admitan ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da dita suma.

2. Para poder tomar parte na licitación deberán os licitadores consignar previamente na conta de depósitos deste xulgado, conta nº 1500-0020/94 o vinte por cento do tipo de remate.

3. Poderanse facer ofertas por escrito, en prego pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositando na conta designada o vinte por cento do tipo do remate.

4. Reservaranse en depósito por instancia do acredor as consignacións dos ofertantes que non resultasen rematantes e que o admitan e cubrisen o tipo da poxa, para efectos de que, se o primeiro adxudicatario non cumprise a obrigación, poida aprobarse o remate a favor dos que o sigan pola orde das súas respectivas ofertas.

5. Os títulos de propiedade, suplidos por certificación do rexistro, atópanse de manifesto na secretaría do xulgado, debendo os licitadores conformarse con eles, sen que poidan esixir outros.

6. As cargas e gravames anteriores e os preferentes, de habelos, ó crédito do actor, quedarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa sinálase para que teña lugar a segunda o próximo día 9 de decembro ás 9.30 horas, nas mesmas condicións cá primeira, agás o tipo de remate que será do 75% da primeira; e, en caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día 13 de xaneiro de 1997 ás 9.30 horas, rexendo para ela as restantes condicións fixadas para a segunda.

Bens obxecto da poxa

Sobre o ben vivenda sita no polígono das Fontiñas, parcela r+8. 2 piso 1º letra I. Correspóndelle como anexo unha praza de garaxe duns 20 m e un rocho

de 3 m sinalados co nº 21 da planta de soto, inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Santiago de Compostela, no folio 205 do libro 164 do tomo 1.138, predio 21.193. A vivenda e anexos de referencia está suxeita ó réxime de vivendas protexidas do Instituto da Vivenda e Solo, adxudicada como vivenda social polo Concello de Santiago de Compostela.

En Santiago de Compostela, tres de xuño de mil novecentos noventa e seis.

A maxistrada-xuíza

Rubricado

A secretaria

Rubricado

7277