Miguel Cuiña Pérez, en representación da empresa Líneas Pontevedresas de Autobuses, S.L., titular da concesión do servicio público regular permeante de uso xeral de trasnporte de viaxeiros por estrada V-2999; XG-337, entre Castelo e Pontevedra, solicituou autorización para levar a cabo unha modificación de tráficos mediante a incorporación ó itinerario da concesión dun anexo entre Pontevedra e A Caeira (zona residencia de Boa Vista e Atalaia) no térmo municipal de Poio.
Esta dirección xeral, con data do 19 de xullo de 1996, resolveu autoriza-la modificación solicitada de acordo, entre outras, coas seguintes condicións de prestación do servicio:
1. Itinerario de ida:
Praza de España, Glorieta da Barca, rúa Río Oitavés 12, rúa José Pernas cruzamento rúa Río Ulla, rúa José Pernas 3, estrada Campañó cruzamento rúa Illa de Tambo, rúa Illa de Tambo cruzamento rúa Illas Cíes, rúa Illa de Tambo cruzamento rúa Illa Arousa e Atalaia.
2. Itinerario de volta:
Atalaia, rúa Illa de Tambo cruzamento rúa Illa Arousa, rúa Illa de Tambo cruzamento rúa Illas Cíes, estrada Campañó curzamento Illa de Tambo, rúa José Pernas 3, rúa José Pernas cruzamento río Ulla, rúa Río Oitavén 12, rúa JOsé Pernas 1 e Praza de España.
3. Expedicións:
Pontevedra-Atalaia.
-Sete expedicións de ida e cinco de volta de luns a venres laborables.
4. Tarifas:
Serán de aplicación as establecidas na concesión V-2999; XG-337.
Santiago de Compostela, 25 de setembro de 1996.
Emilio García Gallego
Director xeral de Obras Públicas e Transportes
9607276