Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 11 de outubro de 1996 Páx. 9.047

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DE PALMA DE MALLORCA

EDICTO de poxa (1203/1990).

Eu, Godofredo Sancho Gimeno, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número tres de Palma de Mallorca, fago saber que nos autos nº 1203/1990, Exec. 195/1991, seguidos ante este Xulgado do Social, por instancia de Juan Rodríguez V., Manuel Patricio L., e Jorge Patricio L., contra Jesús Illanes Ferro, en reclamación sobre despedimento, hoxe en día en trámite de execución, acordouse sacar á venda en pública poxa, polo termo de vinte días, os bens embargados como de propiedade da parte demandada, depositados no domicilio sito na Coruña, Ronda de Outeiro, esquina San Vicente, nº sen determinar, dos que a relación e taxación son as seguintes:

-Predio nº 1, local comercial, inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña, no folio 41 volto, libro 790, anotación preventiva letra B, predio nº 46.793, valorado en 5.189.190 ptas.

-Predio nº 2, vivenda sita na primeira planta da casa, inscrita no Rexistro da Propiedade nº 1 da Coruña, no folio 49 volto, libro 790, anotación preventiva letra B, predio nº 46.797, valorado en 7.225.000 ptas.

A dita poxa terá lugar na sala de audiencias deste Xulgado do Social, sito na rúa Font y Monteros, 8, 2º, en primeira poxa, o día 22 de novembro; en segunda poxa, se é o caso, o día 14 de xaneiro de 1997, e en terceira poxa, tamén de se-lo caso, o día 12 de febreiro de 1997, e sinálase como hora para todas elas a de 12 da mañá, e celebraranse baixo as condicións seguintes:

1. Que os licitadores deberán depositar previamente en secretaría o 20% efectivo do tipo de taxación, requisito sen o cal non serán admitidos.

2. En tódalas poxas, desde o anuuncio ata a súa celebración, poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, depositando na mesa deste xulgado, xunto daquel, o importe do 20% efectivo do tipo de taxación.

3. Que non se admitirán ofertas que no cubran as dúas terceiras partes do tipo de taxación, adxudicándoselle-los bens ó mellor ofertante.

4. Que en segunda poxa, se é o caso, os bens sairán con rebaixa do 25% do tipo de taxación.

5. Que en terceira poxa, se fose necesario celebrala, non se admitirán ofertas que non excedan do 25% da cantidade na que se establecese o prezo xusto dos bens.

6. Que os títulos de propiedade ou certificación do rexistro se atopan de manifesto na secretaría deste xulgado, onde poderán ser examinados por todos aqueles que queiran participar na poxa, e son previdos os licitadores de que deberán conformarse con eles e non terán dereito a esixir outro, e que as cargas e gravames anteriores e os presentes ó crédito do demandante continuarán subsistindo,

e enténdese que o rematante as acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen que se destine á súa extinción o prezo do remate.

7. Non se admitirá a cesión a terceiro da adxudicación dos bens poxados, agás que esta recaia en favor dos executantes ou dos responsables legais solidarios ou subsidiarios.

8. Así mesmo, acordouse dobre poxa dos bens, que se celebrará tamén no Xulgado do Social número un da Coruña asemade, e probarase o remate unha vez recibidas neste xulgado as dilixencias efectuadas no da dita localidade.

9. Expídaselle exhorto ó xulgado de igual clase número un dos da Coruña para os efectos acordados.

Dado en Palma de Mallorca o cinco de setembro de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

7382