Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 11 de outubro de 1996 Páx. 9.047

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (511/1988-05).

En virtude do disposto polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, no expediente promovido polo procurador Caamaño Queijo, en nome e representación da sociedade mercantil Paragüera del Noroeste, S.A., con domicilio social en Santiago de Compostela, r/ A Rocha, por medio do presente edicto faise público que, por auto do día da data, foi declarado o debedor en estado de suspensión de pagamentos e insolvencia provisional.

Acórdase a convocatoria da xunta xeral de acredores, que se celebrará neste xulgado o día 6 de novembro do presente ano, ás 10 horas, na sala de audiencias deste xulgado, faise extensiva a publicidade da convocatoria ós acredores que non poidan ser citados na forma ordinaria ou non sexan atopados no seu domicilio por medio do presente edicto.

En Santiago de Compostela, dous de setembro de mil novecentos noventa e seis.

O maxistrado-xuiz

Rubricado

O secretario xudicial

Rubricado

7185