Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 11 de outubro de 1996 Páx. 9.047

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de emprazamento (321/1996-01).

En virtude do acordado en resolución do día da data, dictada no xuízo de menor contía 321/1996, que se segue neste xulgado por instancia de Sebastián Carreira García e outros, representado pola procuradora Losada Gómez, contra herdeiros descoñecidos e incertos do finado Antonio Liñeira Barreiro e contra calquera persoa descoñecida e incerta que poida traer causa do anterior, por medio da presente cédula son emprazados co fin de que, no prazo de dez días, comparezan en autos en legal forma, coa prevención de que, de non o faceren, serán declarados en rebeldía e darase por contestada a demanda, e notificaráselle-la dita resolución e as demais que se dicten nos estrados do xulgado.

E para que lles sirva de emprazamento en forma ós demandados antes mencionados, e para a súa inserción no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia, expido a presente cédula en Santiago de Compostela o vinteseis de xullo de mil novecentos noventa e seis.

O secretario

Rubricado

9606512