Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 11 de outubro de 1996 Páx. 9.048

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 1996 pola que se anuncia a contratación das obras de ampliación da nave do polígono do Tambre en Santiago de Compostela, propiedade da Xunta de Galicia, con destino ó arquivo do Consello de Contas de Galicia, polo procedemento de concurso público e procedemento aberto, con trámite de urxencia.

1. Obxecto do contrato: contratación das obras de ampliación da nave do polígono do Tambre en Santiago de Compostela, propiedade da Xunta de Galicia, con destino ó arquivo do Consello de Contas de Galicia.

2. Prazo de execución: un mes e quince días.

3. Orzamento de licitación: 27.970.168 pesetas.

4. Documentos de interese para os licitadores: a documentación poderá examinarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela.

As copias da documentación poderán solicitarse en Tórculo Artes Gráficas, S.L., r/ Rosalía de Castro 51, baixo, Santiago de Compostela (15703), teléfono (981) 59 78 55, mediante o aboamento do seu importe.

5. Fianza provisional: non se esixe.

6. Fianza definitiva: 1.118.806 pesetas.

7. Clasificación que se esixe: grupo C, subgrupo 2, categoría E.

8. Modelo de proposición: o que figura como anexo 1 ó prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central do complexo administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás 14 horas do día 23 de outubro de 1996.

10. Apertura de proposicions: en acto público, ás 10 horas do día 28 de outubro de 1996, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública, sita no semisoto do edificio central de San Caetano, Santiago de Compostela.

O importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario, que deberá aboar con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 8 de octubro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

9607354