A) Asistencia técnica.
1. Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra de acondicionamento da estrada AC-432, treito Vimianzo-Camariñas.
Clave: N/AC/91.14.
Orzamento: catorce millóns oitocentas sesenta e seis mil novecentas oito pesetas (14.866.908).
Prazo de execución: 15 meses.
Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría A.
2. Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra de acondicionamento da C-550, treito Cee-Fisterra.
Clave: N/AC/87.1.5.
Orzamento: once millóns oitocentas noventa e tres mil cincocentas vinteseis pesetas (11.893.526).
Prazo de execución: 12 meses.
Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría A.
3. Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra de acondicionamento da estrada OU-122, treito Sobradelo-Casaio.
Clave: N/OU/87.5.
Orzamento: dezasete millóns oitocentas corenta mil duascentas noventa pesetas (17.840.290).
Prazo de execución: 18 meses.
Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría A.
4. Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra de acondicionamento da C-531, treito Celanova-Ramirás.
Clave: N/OU/90.6.1.
Orzamento: once millóns oitocentas noventa e tres mil cincocentas vinteseis pesetas (11.893.526).
Prazo de execución: 12 meses.
Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría A.
5. Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra de acondicionamento da estrada PO-400, treito Arbo-Crecente.
Clave: N/PO/89.16.5.
Orzamento: catorce millóns oitocentas sesenta e seis mil novecentas oito pesetas (14.866.908).
Prazo de execución: 15 meses.
Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría A.
B) Documentos de interese para os licitadores.
Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Edificios Administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.
C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.
Esixirase unha garantía definitiva equivalente ó 4% do orzamento de contrata.
A dita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.
D) Modelo de proposición.
Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta o prego de cláusulas administrativas particulares.
E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.
As proposicións deberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.
O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que no coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
F) Apertura das proposicións.
A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación ás once horas do décimo día natural que no coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións.
G) Documentos que deben presenta-los licitadores.
Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.
O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.
Santiago de Compostela, 7 de outubro de 1996.
P.D. (Orde 13-12-1993)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda
7330