Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 10 de outubro de 1996 Páx. 9.011

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 12 de setembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do acordo de iniciación do procedemento sancionador de pesca fluvial 96/0286.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción administrativa da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a súa notificación.

Noméase instructora do procedemento a Beatriz Rodríguez Fraga, funcionaria desta delegación, que poderá promove-la súa recusación en calquera momento da tramitación do procedemento, se concorre algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A resolución será acordada polo delegado provincial desta consellería, segundo o artigo 40.3º a) da Lei de pesca fluvial de Galicia.

O interesado disporá dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para que poida examina-lo expediente na Delegación Provincial desta consellería da Coruña, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, e para aportaren por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas, considere convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples Monelos, A Coruña.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

A Coruña, 12 de setembro de 1996.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: P-96/0286.

Denunciado: Diego Cozar Pereiro.

DNI: 33.259.302.

Último enderezo coñecido: Diego Gelmírez, 20-1º, Santiago de Compostela.

Feitos denunciados: pescar sen licencia.

Tipificación Lei de pesca:-Artigo: 34.1º.-Cualificación: menos grave.

Sanción proposta: 50.001 multa, Inhab. 1 ano.

9607033