Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 10 de outubro de 1996 Páx. 9.011

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 12 de setembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de pesca fluvial 96/0122.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, (DOG nº 151 do 5-8), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-166/2 da Caixa de Aforros de Galicia na Coruña O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación. Para efectualo deberanse emprega-los impresos normalizados que serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples, Monelos, A Coruña. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado, igualmente, a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme a tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 12 de setembro de 1996.

Rogelio Aramburu Núñez.

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: P-96/0122.

Denunciado: José M. Estévez Freijo.

DNI: 32.361.211.

Último enderezo coñecido: Av. Monelos, 83-85, A Coruña.

Feito denunciado: non respecta-las prescricións especiais dictadas pola Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para determinados treitos ou masas de auga.

Tipificación infracción Lei de pesca:-Artigo: 33.9º.-Cualificación: leve.

Sanción: 10.000 multa.

7242