Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 10 de outubro de 1996 Páx. 9.010

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 12 de setembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da resolución formulada no expediente sancionador de caza 96/0008.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la resolución do procedemento sancionador por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza, (BOE nº 82 do 6-4-1970), e do seu regulamento aprobado polo Decreto 506/1971, do 25 de marzo (BOE nº 76 do 30-3-1971, corrección de erros nº 112 do 11-5-1971), por non ser posible a súa notificación.

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia nº 311-000-166/2 da Caixa de Galicia na Coruña, O.P., no prazo de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación. Para efectualo deberanse emprega-los impresos normalizados que serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña. Transcorrido o citado

prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de costrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordantes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso ordinario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes no prazo dun mes, contado igualmente, a partir do día seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso, sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

A Coruña, 12 de setembro de 1996.

Rogelio Aramburu Núñez

Delegado provincial da Coruña

ANEXO

Expediente: C-96/0008.

Denunciado: José Castelo Román.

DNI: 32.771.088.

Último enderezo coñecido: Av. Arteixo, 83, A Coruña.

Feito denunciado: cazar en terreos sometidos a réxime cinexético especial, sen autorización.

Tipificación infracción Lei de caza:-Artigo: 48.1.8.-Cualificación: grave.

Sanción: 5.000 multa.

9607031