Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 10 de outubro de 1996 Páx. 9.010

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 30 de agosto de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación das propostas de resolución formuladas pola instructora, nos expedientes sancionadores de pesca fluvial 96/0203 e 96/0221.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín publica-las propostas de resolución dos procedementos sancionadores que se instrúen por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5-8-1992), por non ser posible a súa notificación.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo póñense os procedementos de manifesto para trámite de vista se o consideran oportuno. Os expedientes poden ser examinados na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, estas propostas, xunto con tódolos documentos que constan nos expedientes, remitiránselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9-8-1993).

A Coruña, 30 de agosto de 1996.

Beatriz Rodríguez Fraga

Instructora

ANEXO

Expediente: P-96/0203.

Denunciado: Rafael Villar Picon.

DNI: 44.814.245.

Último enderezo coñecido: r/ de Madrid-As Fontiñas, Santiago de Compostela.

Feitos denunciados: pescar nun couto sen o correspondente permiso.

Tipificación Lei de pesca:-Artigo: 34.10º.-Cualificación: menos grave.

Sanción proposta: 75.000 multa, Inhab. 1 ano.

Expediente: P-96/0221.

Denunciado: Roberto C. Vales López.

DNI: 32.839.561.

Último enderezo coñecido: Rutis, s/n, Culleredo.

Feitos denunciados: pescar nunha zona vedada.

Tipificación Lei de pesca:-Artigo: 34.6º.-Cualificación: menos grave.

Sanción proposta: 50.001 multa, Inhab. 1 ano.

9607030