Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 10 de outubro de 1996 Páx. 9.009

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 30 de agosto de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación da proposta de resolución formulada pola instructora, no expediente sancionador de caza 96/0048.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que, con esta data, resolvín publica-la proposta de resolución do procedemento sancionador que se instrúe por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza (BOE nº 82, do 6-4), e máis do seu regulamento, aprobado polo Decreto 506/1971, do 25 de marzo (BOE nº 76, do 30-3. Corrección erros nº 112, do 11-5-1971), por non ser posible a súa notificación.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de servicios múltiples de Monelos, A Coruña.

De non efectua-lo pagamento voluntario, o interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó de publicación desta notificación, para formular cantas alegacións coide pertinentes. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de vista se o considera oportuno. O expediente pode ser examinado na delegación provincial desta consellería, sita no edificio administrativo de servicios múltiples-Monelos-A Coruña.

Rematado o prazo que se sinala, esta proposta, xunto con tódolos documentos que constan no expediente, remitiráselle ó delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes para a resolución do procedemento.

O que se lle comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189 do 9-8-1993).

A Coruña, 30 de agosto de 1996.

Beatriz Rodríguez Fraga

Instructora

ANEXO

Expediente: C-96/0048.

Denunciado: Manuel Suárez Casal.

DNI: 33.182.979.

Último enderezo coñecido: r/ Tabaniscas, 27, Santiago de Compostela.

Feitos denunciados: non impedir que os cans propios vaguen sen control en terreos de réxime cinexético especial, en época de veda.

Tipificación Lei de caza:-Artigo: 48.2.24.-Cualificación: menos grave.

Sanción proposta: 3.500 multa.

9607032