Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 10 de outubro de 1996 Páx. 9.009

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 23 setembro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se fai pública a adxudicación do concurso aberto para a contratación dos servicios consistentes na análise, desenvolvemento e mantemento de diversos programas informáticos da consellería.

Por Resolución do 18 de xullo de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, anunciouse o citado concurso aberto.

Cumpridos os trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular da consellería resolveu adxudicárlle-los servicios consistentes na análise, desenvolvemento e mantemento de diversos programas informáticos da consellería a:

a) Contratación de servicios para o mantemento da ofimática e formación de usuarios e xestión e planificación da rede informática da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.

Peter Jessop, importe de adxudicación: 5.340.000 pesetas.

b) Contratación de servicios para o desenvolvemento e mantemento das aplicacións informáticas de xestión e control da contratación da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Pedro García Diéguez, importe de adxudicación: 5.340.000 pesetas.

c) Contratación de servicios para o desenvolvemento e mantemento da aplicación informática de xestión de subvencións da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.

Albino Fernández Carreiro, importe de adxudicación: 5.340.000 pesetas.

d) Contratación de servicios para o desenvolvemento e mantemento da aplicación informática de vehículos e de auxilios da Dirección Xeral de Producción Agropecuaria e Industrias Agroalimentarias da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.

Natalia Lifanova Martínez, importe de adxudicación: 5.340.000 pesetas.

e) Contratación de servicios para o desenvolvemento e mantemento da aplicación de licencias de caza, pesca fluvial e embarcacións deportivas.

Javier Furelos Tenreiro, importe de adxudicación: 5.340.000 pesetas.

f) Contratación de servicios para o desenvolvemento e mantemento das aplicacións informáticas en contorno local e das redes de área local da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.

Gonzalo Luis Rey López, importe de adxudicación: 5.340.000 pesetas.

g) Contratación de servicios para o mantemento, avaliación e control dos medios informáticos da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes da Xunta de Galicia.

Manuel Romero Bilbao, importe de adxudicación: 5.340.000 pesetas.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 1996.

P.D. (O. 13-12-1993, DOG nº 239, 14-12-1993)

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

9607029