Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 08 de outubro de 1996 Páx. 8.947

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fan públicas as propostas de resolución dos expedientes sancionadores en materia de xogo 7/1996 e 8/1996.

Intentada a notificación directa ós interesados, Complejo Educativo S.A., sito na rúa Mallorca 250 Atco. de Barcelona e outras persoas que puidesen resultar responsabiles das propostas de resolución formuladas polo instructor nos expedientes C-7/1996 e C-8/1996, e ó non poder efectuar esta, resolvín, ó amparo do previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoñe-la publicación no Diario Oficial de Galicia do seguinte:

Propostas de resolución dos expedientes sancionadores 7/1996 e 8/1996.

«Que o Consello da Xunta de Galicia, logo da proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, acorde:

Sancionar a Complexo Educativo S.A., con multa dun millón mil mesetas (1.001.000 ptas.) pola comi

sión dunha infracción moi grave das previstas no artigo 28 d e g da Lei 14/1985, modificada pola Lei 7/1991, e sancionable a través dos artigos 31 e 32 da mesma lei, por ter instalada e en explotación unha máquina recreativa tipo B no establecemento Bar Pallas, do concello de Cerceda (A Coruña) carecendo de toda a documentación esixida pola lexislación vixente.

Sancionar a Complexo Educativo S.A., con multa dun millón mil pesetas (1.001.000 ptas.) pola comisión dunha infracción moi grave das previstas no artigo 28 d e g da Lei 14/1985, modificada pola Lei 7/1991, e sancionable a través dos artigo 31 e 32 da mesma lei, por ter instalada e en explotación unha máquina recreativa tipo B no establecemento Parrillada Casablanca, do concello de Cerceda (A Coruña) carecendo de toda a documentación esixida pola lexislación vixente.

Interpoñer como sanción accesoria a destrucción das respectivas máquinas tipo B comisadas por careceren de toda documentación respectiva, esixida legalmente».

Contra a presente proposta de resolución poderán os interesados formula-las alegacións que consideren oportunas e presenta-los documentos e informacións que consideren pertinentes, no prazo de 8 días a partir do día seguinte á publicación desta proposta, perante o instructor do procedemento, de conformidade co disposto no artigo 7 da Lei 34/1987, do 26 de decembro, de potestade sancionadora da administración pública en materia de xogos de sorte, envite ou azar e no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

A Coruña, 11 de xuño de 1996.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

7015