Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 08 de outubro de 1996 Páx. 8.947

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 10 de setembro de 1996, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública a apertura de expediente de caducidade da concesión administrativa outorgada a Manuel Joaquín Bouzas Formoso (C-991-CAD).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 28 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27-11), notifícaselle a Manuel Joaquín Bouzas Formoso, con último domicilio coñecido en Santiago de Compostela (A Coruña), r/ Juana Nogueira nº 14-portal A-4º A, a apertura do expediente de caducidade instruído por incumprimento das normas que regulan o título da concesión administrativa, artigo 72, apartado a) da Lei 6/1993, do 11 de maio (DOG do 31-5-1993).

O suxeito a expediente dispón dun prazo de oito días a aprtir do seguinte ó da publicación desta cédula, para poder examina-lo expediente na Delegación Territorial da Coruña (r/ Ramón y Cajal nº 1-5ª planta-Casa do Mar) e presentar ante a citada delegación as alegacións que considere pertinentes.

A Coruña, 10 de setembro de 1996.

Jesús Espada Martínez

Delegado territorial da Coruña

6912