Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 08 de outubro de 1996 Páx. 8.946

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 1996, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do contrato administrativo consistente na reforma da residencia de Antas de Ulla.

O director xeral de Servicios Sociais, actuando en nome do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais por delegación de atribucións segundo a Orde do 22 de maio de 1996, resolveu adxudica-lo seguinte contrato: reforma da residencia de Antas de Ulla.

Adxudicatario: Construcciones Fontenla, S.A..

Orzamento: 135.512.938 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de 2 meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das adminstracións públicas.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 1996.

P.D. (Orde 22-5-1996)

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais

7073