Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 08 de outubro de 1996 Páx. 8.947

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 1996, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación dos estatutos da Federación Frisona Galega (Fefriga).

En cumprimento do disposto na normativa legal vixente sobre depósito de estatutos de asociacións profesionais, e para os efectos previstos nesta faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron presentados o día 17 de setembro de 1996, os novos estatutos da Federación Frisona Galega (Fefriga) nos que se recollen as modificacións aprobadas pola asemblea xeral ordinaria o 21 de maio de 1996, segundo consta na certificación expedida polo secretario da referida federación.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 1996.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

7241