Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 08 de outubro de 1996 Páx. 8.948

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público, polo trámite de urxencia, para a asistencia á realización dun vídeo informativo das actuacións dos gabinetes de Seguridade e Hixiene no Traballo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Relacións Laborais.

c) Número do expediente: 96/13/1264.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: consultoría e asistencia.

b) Descrición do obxecto: asistencia para a realización dun vídeo informativo das actuacións dos Gabinetes de Seguridade e Hixiene no Traballo.

3. Orzamento base da licitación.

Importe total: 6.000.000 de pesetas, IVE incluído.

4. Prazo de execución do contrato: desde o día seguinte ó asinamento do contrato ata o 30 de novembro de 1996.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do orzamento de licitación (240.000 pesetas).

6. Presentación das proposicións.

a) Lugar: no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais sito no complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta de Santiago de Compostela, en horas de 9 a 14, de luns a venres.

b) Prazo: comezará o día seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG e rematará ós trece días naturais, ás 14 horas, agás que o último día sexa inhábil, caso no que se prorrogará o prazo ó día hábil seguinte.

c) Forma: os licitadores presentarán as súas proposicións en tres sobres pechados e en cada un deles figurará o nome do licitador e o obxecto do contrato.

7. Documentación que presentarán os licitadores: os licitadores presentarán a documentación especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Modelo de proposición: a que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Prego de cláusulas administrativas particulares e prego de prescricións técnicas: tódolos interesados poderán obtelos no Servicio de Seguridade e Hixiene da Dirección Xeral de Relacións Laborais

sito no complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta de Santiago de Compostela, teléfono (981) 54 47 71.

10. Apertura das proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais (edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 3ª planta, Santiago de Compostela) ás 11 horas do día 29 de outubro de 1996.

11. Solvencia económico-financeira e técnica dos licitadores: as condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que se deberán axusta-los licitadores veñen establecidas na folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (apartados 6 e 7).

12. Criterios de adxudicación do concurso: relaciónanse na cláusula 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Variantes: non se admiten.

14. Prazo no que o licitador está na obriga de mante-la súa oferta: durante 3 meses desde a data de apertura das proposicións.

15. Anuncio: os gastos que orixine a publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 1996.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

6976