Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 08 de outubro de 1996 Páx. 8.944

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 19 de agosto de 1996, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 333 de clasificación do monte de Vilarcovo, pertencente ó lugar de Vilarcovo, parroquia de Colúns, concello de Mazaricos.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase expediente 333 de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: De Vilarcovo.

Comunidade: Vilarcovo.

Parroquia: Colúns.

Concello: Mazaricos.

Superficie: 145 ha.

Lindeiros:

Procede do monte Ruña, nº 103-K do C.U.P.

Norte: do piquete nº D-18 situado no muro do enclavado D, coñecido como Prado de Félix e seguindo restos de muro ata o punto coñecido como Petón de Campelo, con resto do monte Ruña.

Leste: do Petón de Campelo seguindo restos de muro e despois en liña recta ata o muro coñecido como do Prado do Anselmo, desde aquí seguindo muro ata o punto denominado Cruz da Basteira, e segue a pista ata o lugar coñecido como Castelo da Ruña, con mais monte Ruña e monte pertencente á comunidade de Cives, Sande e Mundín.

Sur: desde o Castelo da Ruña seguindo restos de muro ata o piquete nº 1.539 do deslindamento, con monte pertencente á comunidade de Cives, Sande e Mundín.

Oeste: do piquete nº 1.539 ó 1, e deste ó 3 seguindo a orde de piquetes, con monte Pedregal e Ruña, da parroquia de Arcos. Do piquete nº 3 ó nº 135 seguindo a orde de piquetes, con propiedades particulares de veciños de Vilarcovo. Do piquete nº 135 en liña recta ata o D-10, no muro do enclavado D coñecido como Prado de Félix, con máis monte Ruña.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimiento da orde do instructor, do 19 de agosto de 1996, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesados, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, aportando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 19 de agosto de 1996.

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

Visto e prace

Ramón Olano Calleja

Instructor do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña

7039